1 maio

Polo pleno emprego: menos xornada e mellores salarios

1º de maio: Día Internacional das Persoas Traballadoras
Polo pleno emprego: menos xornada e mellores salarios
Portada 1M 2024_0
Portada 1M 2024_0

Actos 1º de Maio 

Dentro dos actos previstos por UGT A Coruña e Cee, para a celebración do 1º de Maio, o día 30 de abril ás 12:00 (no salón de actos do Edificio de Sindicatos situado na Avda. de Alfonso Molina), realizaremos a entrega da XX edición do Premio 1º de Maio de 2024. Este ano entregaranse os premios pola súa labor sindical a: 

José Enrique Baamonde Rodríguez - Federación de Servicios, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT)  

Afiliado á UGT dende o ano 1976. Comezou a exercer a súa labor sindical como delegado de persoal na súa empresa, Adeslas, onde foi elixido reiteradamente polos seus compañeiros e compañeiras ata a súa xubilación. 

Dentro do sindicato ocupou diferentes responsabilidades nas comisións executivas da Federación de Seguros, da Unión Comarcal de A Coruña e da UGT Galicia. No ano 1992 foi nomeado Secretario de Administración da antiga Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas (FEBASO) en A Coruña. No I Congreso da Federación de Servicios (FeS) de Galicia, do ano 2001, foi elixido Secretario Sectorial de Seguros e Oficinas. Por último, exerceu o cargo de Secretario de Administración en FeS Coruña. 

María José Calvo Orgeira - Federación de Servicios Públicos (UGT-SP) 

Enfermeira de profesión e afiliada á UGT dende o ano 1992. Comezou no mundo sindical como delegada da sección sindical do CHUAC en 1997. En 2013 pasa a formar parte da Comisión Executiva da Federación de Servicios Públicos (FSP) de A Coruña, co cargo de Vicesecretaria Xeral, para asumir a Secretaría Xeral, tras quedar en xestora esta federación. No ano 2019 foi reelixida como Secretaria Xeral da Federación de Servicios Públicos (UGT-SP) de A Coruña, hasta a actualidade.

Roberto Teijido Corral - Federación de Industria, Construción e Agro (FICA-UGT) 

Realizou a súa formación profesional na escola de aprendices da Fábrica de Armas de A Coruña, dende o ano 1966 ata o 1971, de onde pasou a traballar en Talleres Carral, para incorporarse definitivamente á propia Fábrica de Armas no ano 1975, tras facer o servicio militar. 

Afiliado á UGT dende o ano 1978, presentouse por primeira vez ás eleccións sindicais en 1982, cando a candidatura de UGT obtivo un espectacular resultado contando con 14 dos 17 representantes no Comité da Fábrica de Armas. Nese mesmo ano xa se incorporou á negociación do Convenio Colectivo Estatal de Santa Bárbara en Madrid. Posteriormente asumiría cargos dentro da súa empresa como a Presidencia do Comité Intercentros ou do Comité Europeo. 

No ano 1998 asumiu responsabilidades orgánicas no Sindicato Intercomarcal de UGT Metal de A Coruña, pasando a ser elixido Secretario Xeral de este mesmo sindicato no ano 1991, cargo que ostentou ata a súa xubilación no ano 2018. 

Así mesmo, o 1 de maio terán lugar 3 actos : 

  • 10:00 realizaremos a entrega floral no cemiterio civil xunto con CCOO.
  • 11:00 realizaremos a entrega floral na Praza de Pablo Iglesias co PSOE.
  • 12:00 manifestación con saída dende a Praza da Palloza ata a Praza de Ourense. 

Manifesto 1º maio

Polo pleno emprego: menos xornada e mellores salarios