ADEGA | nota de prensa

Unhas 750 persoas retiraron máis de 6 Tn. de residuos na XVI Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos

Un gran número de participantes colaborou na XVI Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo Proxecto Ríos de ADEGA. Nesta xornada de coidado dos ríos galegos, un total de 750 voluntarios retiraron máis de 6 toneladas de residuos en 52 concellos de toda Galiza.
Unhas 750 persoas retiraron máis de 6 Tn. de residuos na XVI Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos
02LimpezaRíos2023
Limpeza Ríos 2023

Santiago de Compostela, 26 de setembro do 2023 - Esta iniciativa reuniu grupos de todas as idades e tamaños, incluíndo nenas, nenos e adultos. Os voluntarios traballaron en ríos grandes e pequenos, compartindo o obxectivo común de coidar os nosos ríos e concienciar a sociedade sobre a importancia de mantelos ben conservados.

O pasado domingo, 24 de setembro de 2023, a XVI Limpeza Simultánea de Ríos levouse a cabo en 52 concellos de Galiza grazas á colaboración de 68 entidades diferentes, como asociacións ecoloxistas, culturais, fundacións, centros de ensino e concellos. Nalgúns casos, varias asociacións uníronse para limpar diferentes ríos no mesmo concello, un exemplo desto son Gondomar, Verín, Tomiño ou Santiago de Compostela.

A pesar dos avances conseguidos nos últimos anos na redución de lixo nos ríos apadriñados por estas entidades, en 2023 aínda apareceron numerosos residuos, incluíndo rodas de automóbiles e obxectos voluminosos. Entre os materiais recollidos destacan plásticos, botellas, garrafas, bolsas, sacos, rodas, cristais, latas, pilas, restos de madeira, mobles, ferralla, sinais de tráfico, entullos, tixolas, deshumificadores, uralitas, roupa, calzado e máscaras.

O obxectivo principal do voluntariado ambiental non é simplemente a recollida de residuos, senón concienciar á sociedade sobre a necesidade de protexer os nosos ríos e denunciar a súa situación actual. O Proxecto Ríos, promovido por ADEGA dende 2005 e financiado por Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, continúa traballando para a mellora do estado dos ríos galegos.

Para consultar os resultados detallados desta xornada de limpeza, pódese visitar a seguinte ligazón: https://limpeza.proxectorios.org/participantes-2023/.

Unhas 750 persoas retiraron máis de 6 Tn. de residuos na XVI Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos