Acción reivindicativa #Tendalistas, que a Marea Feminista da Marea Atlántica realizou esta mañá no Obelisco con motivo do 25 de novembro, Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra a Muller.
Esta iniciativa pretende denunciar todas as violencias machistas que existen máis alá das agresións e os asesinatos: o acoso, o control, a extorsión, a discriminación, o abuso psicolóxico, as humillacións... A loita contra o feminicidio é tamén a loita contra as mil caras do machismo que as mulleres aturan cada día. Por iso é necesario rachar o círculo da desigualdade.