Agra do Orzán

Foliagra, un ano máis a Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza as festas do barrio...

Falamos con Ricardo Seixo Vicepresidente da Asociación Veciñal Agra do Orzán, para que nos conte a Foliagra 2024, o cambio de directiva da asociación e tamén nos fale da situación do Parque da Agra.

Foliagra, un ano máis a Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza as festas do barrio...
Ricardo Seixo
Ricardo Seixo

En que está a consistir Foliagra?

A Foliagra está concibida como un momento do ano no que a veciñanza pode atoparse cunha multiplicidade de actividades. Cada ano avanzamos máis neste sentido. Durante todo o mes de xuño, celébranse numerosas actividades con alta participación e implicación da xente, percíbese moi positiva para o barrio. 

Temos moitas actividades, todas na rúa. Comenzamos a preparar todo casi o día seguinte de acabar coa Foliada do 2023, desta maneira traballamos ben e manexamos os impresvistos que poidan xurdir.

Cada ano introducimos novidades e tratamos de mellorar. Por exemplo, este ano incluimos por primeira vez actuacións de grupos da Escola Municipal de Música e xa estamos a concretar esta actuación para o próximo ano.

Todas as actividades concentrámolas os fins de semana e todas desenvólvense nas rúas. Este ano contaremos coa participación de máis de cincocentos músicos. 

Contamos con sete grupos de música tradicional que realizan Ruadas polo barrio. No total, a Foliagra conta con máis de cincocentos músicos e están a facer actividades como Ruadas, Cantos de Taberna, concertos da Banda Municipal, actividades infantís e microconcertos da Escola Municipal de Música.

Tamén hai músicos interpretando diversos ritmos e estilos, como Jazz na rúa Barcelona con Avda. Finisterre, Praza de As Conchiñas, e rúa Barcelona con Villa de Negreira.

Pra que todo rode ben e a xente poda participar, un grupo de música tradicional guia á xente dunha actividade á outra. 

Quero destacar que todas as actividades da Escola de Municipal de Música serán completamente gratuítas. Como mostra de agradecemento, en A Grade faremos unha parada coa Banda para tomar uns petiscos. 

En canto ás actividades para os nenos, continuaremos coa Foliagra das crianzas, que levamos aos colexios María Barbeito e Raquel Camacho, onde repetiremos xogos tradicionais que foron moi ben recibidos o ano pasado, ademais de contar coa presenza dun pallaso. 

Os Cantos de Taberna percorrerán varias tabernas do barrio con música tradicional, animando a rúa e tamén as tabernas, que sempre son moi acolledores.

Modificamos o formato na Praza de As Conchiñas, debido ás obras que fixeron na praza non deixaron espazo para as festas, así que levamos a música por todo o barrio en lugar de instalar un único escenario. A dificultade converteuse nunha vantaxe. Finalmente, o día 30, último día da Foliagra, a Banda Municipal da Coruña ofrecerá un concerto no Ágora a partir das 12 da mañá, mentres que pola tarde teremos unha homenaxe ao grupo Asmalvela, pandeireteiras coñecidas polos seus anos de música tradicional galega.

A experiencia dos grupos musicais é moi positiva, os comentarios que nos fan chegar é que contemos con eles sempre xa que senten moi ben acollidos. Estamos contentos e contentas por como se esta dando a Foliagra

AVAgra 50 02
FoliAgra 2024

Hai nova directiva na asociación?

Si, despois de catro anos de dúas directivas integramente de mulleres, que funcionou moi ben, tivemos eleccións no mes de marzo e creouse unha Xunta Directiva mixta, en donde contamos con oito mulleres e catro homes.

Imos continuar coa mesma liña de traballo, mantéñense todas as actividades e outras que se incorporaron como Ioga. Estamos a medrar, por exemplo na actividade de Ferrados de Letras, este ano fixémolo dun modo diferente, fixemos o festival no Ágora o día 23 de maio. A diferenza foi que nos centramos na potencialidade que nós temos na asociación, saíu moi ben e deu moito ánimo para seguir na mesma liña. Na última actuación que tiñamos, acabamos 80 persoas no escenario, os asistentes manifestaron moitos eloxios e agradecemento ás actuacións e houbo testemuños dos participantes extraordinarios como “foi a mellor experiencia da miña vida”… Temos claro que lle imos a dar continuidade a isto, hai moita xente implicada e motivada.

Tamén temos claro que os proxectos unipersoais non serven absolutamente para nada, ou somos capaces de colectivizar as actividades ou estamos perdidos, facer grupo, base social. 

Os barrios son de todos ou con proxectos particulares non se vai a ningún lado, ese alguén falla por calquera motivo e desaparece o proxecto, temos que ser capaces de traballar colectivamente.

Hai que dar moita participación, a xente participará na medida das súas posibilidades, pero identifícase co proxecto e dedicará o tempo do que dispoña, máis ou menos, pero cando estea estará a sumar.

O proxecto da Asociación vai na dirección de traballar colectivamente, inclusivamente e tendose en conta, respectando a situación de cada un.

Isto está a ser unha experiencia moi enriquecedora para todos nós e ese é o camiño que estamos a andar.

Que nos contas do Parque da Agra?

O eterno tema. Levamos dous anos todos os xoves concentrándonos en María Pita, salvo cando o tempo nolo impedía.

Decidimos parar ata o outono, para avaliar a situación e darlle unha volta.

Non podemos converter nunha rutina ir a María Pita e facernos unha foto, xa que iso non nos está conducindo a nada. Temos que repensar o tema, reunirémonos para tomar decisións. 

Matiza Ricardo, a miña idea persoal é facer algo no barrio, non en María Pita, para que saiba a xente que estamos a facer aquí no barrio. Será unha decisión que tomaremos entre todos e todas en reunión.

Bueno, o tema do Parque do Agra é unha vergoña. A xente que está en política sorpréndese que a veciñanza pase da política e non a valore. O exemplo do Parque do Agra avala esa situación entre veciños e política, é dicir, ¿como un barrio, o máis populoso da cidade con máis de trinta mil habitantes este desde hai 50 anos non teñan unha zona verde? A xente que está na Política ben sabe que esto non pode ser, pero ¿fan algo?

As e os políticos están a xerar ese descreimiento na poboación, non dan resposta ás necesidades que ten a xente e xustifícano dun modo que non convencen a ninguén. Este modo de facer as cousas que teñen  é camiño abonado para a ultradereita que fan unha política populista.

A situación é tan grave, que hai un ano estabamos en eleccións, a Señora Alcaldesa saíu dicindo en plena campaña electoral que era un feito a construción do Parque do Agra, fixo xestións nesa dirección, fíxose o proxecto no que a asociación participou etc. Ben despois dun ano seguimos como estabamos, sempre hai algunha xustificación para que o tema non se resolva e ninguén dá explicacións sobre a situación.

Imaxinate como sentimos, os que teñen que traballar para resolver os problemas que temos a veciñanza dedícanse non se sabe a que, pero non se dedican a resolver os problemas. 

Deste xeito de facer política derívanse moitos dos problemas os que nos enfrontamos hoxe como sociedade.

Foliagra, un ano máis a Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza as festas do barrio...