Agra do Orzán

Adega A Grade: unha historia de tradición

Cada persoa e cada familia teñen a súa historia que constrúen ao longo de toda unha vida e que pasa dunha xeración a outra.

Adega A Grade: unha historia de tradición
Amelia
Amelia

É o caso de Amelia, unha veciña do barrio que no ano 1983 puxo en marcha o seu negocio que influíu significativamente no barrio e foi unha correa de transmisión da cultura e gastronomía galega.

A Grade non é simplemente unha adega; é un exemplo da perseveranza e a tradición galega.

Fundada en 1983 por Amelia Gómez Arcas e a súa familia, A Grade naceu nunha época de crise, cando o desemprego afectaba gravemente a moitas familias.

Amelia e o seu marido, que nese momento estaba no paro, viron na A Grade unha oportunidade para superar os tempos difíciles. “Foi unha elección nada dunha necesidade. Había un gran problema de desemprego e algo había que facer para que todos os nenos puidesen estudar”, lembra Amelia.

O Comezo de A Grade

Atopar o local fronte á súa casa foi un golpe de sorte que Amelia non deixou pasar. Aínda que tiña outras ideas, un bar era o máis interesante nese momento. Así naceu A Grade, unha adega que rapidamente converteuse nun triunfo. “Abrimos con moitísimo éxito, eramos o único bar deste tipo na zona”, comenta Amelia.

O que chamaba á xente

A Grade destacou desde o principio pola súa cociña e o ambiente acolledor. “A xente buscaba cousas diferentes. Por exemplo, os domingos despois de misa, a adega enchíase. Tiñamos ribeiro en barrís de 120 litros e tapas grandes, algo pouco común”, di Amelia. 

As tapas, como orella de porco cocida e tripa,  causaban sorpresa e convertéronse en favoritas dos clientes.

Ademais, Agrade ofrecía unha variedade de pratos: tortilla, lingua estofada, ovos fritos con patacas, chourizos, zorza, polbo, chipirons fritos... “Eran pratos da nosa terra, apoiando a nosa cultura”, afirma Amelia.

Promovendo a Cultura Galega

Desde os seus inicios, desde A Grade promoveuse a cultura galega. “Todo o faciamos en galego, desde os produtos ata as facturas. Eliximos o nome ‘A Grade’ porque ten un significado profundo para nós e sempre quixemos potenciar a nosa cultura”, explica Amelia. Este compromiso coa identidade galega reflectíase en cada aspecto do negocio.

O legado familiar

Co tempo, A Grade converteuse nun negocio familiar no que todos colaboraban. Aínda que Amelia retirouse, continuou axudando na adega ata hai pouco. O seu fillo Jorge asumiu as rendas do negocio, introducindo algúns cambios pero mantendo o espírito tradicional de A grade. “Agora non se cociñan tantas racións completas, senón que se preparan petiscos. Aínda que o negocio cambiou, seguimos tendo unha clientela moi fiel”, menciona Amelia.

Barrio e agradecemento

Uno dos aspectos máis destacables de A grade é a relación que mantivo cos seus veciños. “Quero agradecer a todos os veciños polo seu apoio constante. Nunca tivemos problemas con eles, mesmo cando pechabamos tarde. Estamos moi agradecidos a todos eles, á asociación de veciños e a todos os que colaboraron connosco ao longo dos anos”, expresa Amelia con gratitude.

A Grade unha adega na que hai que estar.

============================

Grade
Grade

A grade é un instrumento agrícola tradicional constituído por unha armazón de trabes que se entrecruzan en ángulo recto, que está dotado de dentes, máis ou menos próximos uns aos outros, e situados na súa parte inferior, e que permite traballar a terra superficialmente, achairándoa, rompendo os terróns e recubrindo o solo, de xeito que fique preparada para o sementado e a xerminación. 

Adoita ser arrastrada por un animal grande (cabalaría, boi) e cargado, con grandes pedras polo normal, se se busca que posúa un maior peso. O enganche efectúase entón cun pau ou cadea, denominado soliño ou cambón.

Adega A Grade: unha historia de tradición