Día de Rosalía de Castro

Celebración do Día de Rosalía de Castro cunha lectura pública e música diante do Teatro Rosalía de Castro

Este domingo 23 de febreiro, a Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convidan á cidadanía a conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública da súa obra e música en vivo. O acto terá lugar diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 h, e contará coa participación da escritora Beatriz Maceda, vicepresidenta da AELG.  
Celebración do Día de Rosalía de Castro cunha lectura pública e música diante do Teatro Rosalía de Castro
Dia-Rosalia-A-Corunha-2025
Dia-Rosalia-A-Corunha-2025

Este domingo, 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha data na que se conmemora o nacemento da poeta máis universal da literatura galega. Para honrar a súa figura e o seu legado, a Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto aberto ao público que combina literatura e música, dous dos eixos centrais da obra rosaliana.  

O evento terá lugar diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 horas, e consistirá nunha lectura pública das obras da autora. A escritora Beatriz Maceda, vicepresidenta da AELG, será a encargada de dar lectura ao Manifesto da AELG, un texto elaborado por Marga do Val que reivindica a importancia de Rosalía de Castro na cultura galega e universal. A continuación, abrirase un espazo para que todas as persoas asistentes poidan participar lendo un texto escollido da poeta.  

Ademais da lectura, o acto contará cunha compoñente musical, xa que Rosalía de Castro é a poeta máis musicada da literatura galega. As súas palabras, cheas de emotividade e profundidade, foron fonte de inspiración para numerosos artistas, e durante o evento poderemos escoitar algunhas das pezas que levan o seu selo.  

Desde as organizacións convocantes, animan a toda a cidadanía a sumarse a esta celebración, xa sexa participando na lectura ou simplemente asisitindo para disfrutar dunha tarde dedicada á cultura e á figura de Rosalía de Castro. "Rosalía é un símbolo da nosa identidade e da nosa literatura, e este acto é unha forma de manter viva a súa memoria e o seu legado", destacan.  

Celebración do Día de Rosalía de Castro cunha lectura pública e música diante do Teatro Rosalía de Castro