Música

Silvia Penide celebra o seu concerto anual para laranxas enteiras dentro de "Por amor ao canto" en Arteixo o venres 14 ás 5 da tarde

Silvia Penide regresa ao seu concello natal para reivindicar o amor para laranxas enteiras. Unha tradición anual que a cantautora de Meicende instaurou co obxectivo de que ninguén teña que sentirse fora de lugar en San Valentín ainda que non teña parella. Polo motivo que sexa. Unha pequena loita musical para que a sociedade non nos impoña o que é o correcto. Algo tan sinxelo pero tan necesario. 
Silvia Penide celebra o seu concerto anual para laranxas enteiras dentro de "Por amor ao canto" en Arteixo o venres 14 ás 5 da tarde
Silvia Penide por Cris Pontanilla
Silvia Penide por Cris Pontanilla

Nesta ocasión será dentro do evento que organiza o Concello de Arteixo baixo o fermoso título de 'Por amor ao canto' a Arteixo, unha xornada dedicada á música tradicional galega. O evento terá lugar o venres 14 de febreiro na Praza do Balneario a partir das cinco da tarde con acceso libre. Os grupos de canto e pandeireta das actividades sociais do concello serán os encargados de abrir a actuación, nunha celebración do talento local e da tradición musical. Silvia Penide será a responsable de pechar o acto interpretando as súas cancións e algunha versión. Promete tamén colaboracións sorpresa.

Nos vindeiros meses a cantautora ten como proxectos xa moi avanzados o lanzamento dun novo libro para público infantil, outro para poñer en valor unha profesión tan digna como outra calquera pero moitas veces denostada e celebrar os últimos concertos da xira "Mientras dura el aplauso" que serviu para festexar os seus 20 anos de carreira musical sobre os escearios de varios países do planeta e os galegos moi especialmente. Estará en Madrid o 8 de marzo.

 

Silvia Penide celebra o seu concerto anual para laranxas enteiras dentro de "Por amor ao canto" en Arteixo o venres 14 ás 5 da tarde