3ª Marcha Mundial por la Paz y la Noviolencia
Os Poemas pola Paz que conmoveron á A Coruña
A Casa Museo Casares Quiroga acolleu o pasado 12 de decembro o evento “Poemas por la Paz”, organizado polo colectivo de artistas “Alfar Poético” nun encontro conmovedor onde a literatura púxose ao servizo da paz e a nonviolencia.
“Alfar” é un colectivo cidadán decidido a unir as súas voces e as súas palabras para espertar a unha sociedade adurmecida ante a dor e a violencia que nos asolaga.
Nesta actividade, integrada na programación da 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia da Coruña, sete escritores tomaron a palabra para mandar a súa mensaxe.
Carmen Pavón inspirou ás persoas asistentes a base de poemas valentes, capaces de motivar o principio do cambio.
David Meirás fíxolles rir a forza de relatos enxeñosos.
Gema Millán, pola súa banda, ofreceu un lado íntimo con versos comprometidos cos valores sociais.
Tamén se puido gozar dos pomas de Yolanda López recentemente saídos do seu libro que se acaba de publicar,
Merche Antón conquistou o escenario e ao público coa súa poesía de profundo calado.
María Baleato demostrou sen dúbida, o poder da arte para comprometerse na transformación social.
Finalmente, Miguel Ángel Jiménez puxo a nota de ironía cos seus agudos relatos surrealistas.