Geenpeace | nota de prensa
Vixilia pola paz
Dende hai xa un par de semanas o mundo estase vendo, unha vez máis, azotado por unha guerra
09 mar 2022
Non é a única, pero si a máis recente. Dende Greenpeace condenamos esta invasión e esiximos ao presidente Putin que retire inmediatamente as súas tropas e cese as operacións militares
Podes ler a nosa postura fronte á guerra aquí https://bit.ly/374VU5S
Por iso, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que, coma nós, queirades darlle unha oportunidade á PAZ. Este xoves 10 de marzo, de 19.30h a 21h, convidámoste á praza de María Pita a unha vixilia pola paz. Porque non nos rendimos. Paz para todas XA
Podes traer veliñas brancas para prendelas como símbolo de que os nosos corazóns están coas compañeiras ucranianas, rusas e tamén afganas, sirias… con todas as persoas que están a sufrir unha guerra que non pediron.
Vémonos mañá