Nonviolencia Activa Fest
Estrea do tráiler do documental do Nonviolencia Activa Fest 2024

O vídeo resume os mellores momentos deste festival comprometido coa paz, a nonviolencia e a transformación social a través da arte, celebrado o pasado 23 de novembro no Centro Social Ágora, organizado por Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña. Próximamente saberemos tamén cando se estreará o documental completo.
A segunda edición do festival foi unha explosión de creatividade e compromiso, cunha ampla representación do talento galego. Máis de trinta artistas uníronse para reivindicar, a través da música, a pintura e a poesía, un mundo libre de violencias.
Desde as 17:15h, o Ágora abriu as súas portas para dar paso a unha tarde inesquecible. Ás 17:30h tivo lugar unha visita guiada pola exposición de arte, onde presentaron obra 14 artistas plásticos:
- Roke Armas
- Alfonso Caparrós
- elchano
- Chelo Facal
- Alba Fiamma Art
- Alberto Franco
- Maica Gómez
- Mohamed Saïd Hamdad
- Roiayer
- Lola Saavedra
- Bego Tojo
- M. Touzón
- Gosia Trebacz
- Xulia Weinberg
A programación continuou cun evento en directo a partir das 18:00h, presentado por Estela López e Ricardo Sandoval, no que participaron:
- Ramiro Edreira
- Xawar
- Marmo Trazos
- Kreze
- Banda percusión DiversidArte
Como agasallo final, cada persoa asistente recibiu un poema orixinal, cedido por 16 autoras e autores:
- María Teresa Fandiño Pérez
- Alba Fiamma Art
- Eva Fórneas Braña
- Frases Para una Vida
- A. Garci
- Sara M. Bernard
- Alba Mac
- Gema Millán
- Iria Moliner
- Héctor Quijano
- Tamara Rademacher
- Beatriz Ramón Iglesias
- Rilin
- María Villar Portas
- Tania Yáñez Castro
Este festival formou parte da programación da 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia, un movemento internacional que percorre o planeta para esixir o fin de todo tipo de violencia e a defensa dos dereitos humanos. Precisamente, o 23 de novembro, A Coruña recibiu a visita do Equipo Base desta Marcha Mundial, reforzando así o valor global deste encontro.
O tráiler que se estrea este luns será unha mostra audiovisual da emoción vivida ese día, co obxectivo de seguir espallando a mensaxe de paz, nonviolencia, creatividade e compromiso que define o Nonviolencia Activa Fest. Poderase ver nas redes sociais de Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña.
A arte pode cambiar o mundo. Este tráiler é unha invitación a seguir crendo niso.