Festas de María Pita 2021
Hoy, Miguel Ríos
Máis de 12 anos de espera son o equivalente a "Un largo tiempo", o novo álbum de estudio de Miguel Ríos. En realidade, o artista granadino nunca se despediu de todo do seu público e, nun ano de pandemia mundial e 11 anos despois de anunciar a súa retirada, gravar 10 cancións novas é unha das mellores noticias que se lles podería ofrecer aos seguidores do artista.
02 ago 2021
"Un largo tiempo" é como eses discos clásicos cheos de pasaxes sonoras, de contrastes canción a canción que nos convidan a deter o tempo e a deixarnos levar polo poder dos seus textos e a voz pletórica de Miguel. Un disco en acústico, por primeira vez na súa carreira musical, que traen de volta á esencia do máis puro rock and roll, abrindo paso ás guitarras, ao piano, ao violín, aos detalles de mandolina, de steel guitar e algún delicioso arranxo de corda.
- Proxecto “Toca lo natural”:
Exposición de esculturas táctiles organizada pola Asociación POTEN100MOS Casa Museo María Pita - Exposición Novo Deseño Galego, nos Cantóns
- 50ª edición Feira do Libro, Xardíns de Méndez Núñez
- Mostrart, Xardíns de Méndez Núñez
- BANG! Evolución do Cómic Western 1950-2021, Casa Museo Picasso, Rúa Payo Gómez, 14
- Concerto: Miguel Ríos & The Black Betty Trio, María Pita, 22h Corunacultura.sacatuentrada