A Deputación cataloga nun libro os 587 reloxos de sol da provincia
Os autores do libro son José Manuel Yáñez, xefe do servizo de Arquitectura da Deputación e doutor en Historia do Arte, e Antonio José Cañones Aguilar, experto gnomomista e membro da Asociación de Amigos de Reloxos de Sol. Na obra catalogan os reloxos segundo a súa ubicación, tipo, forma, estado de conservación ou data de orixe.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso lembrou que o libro, editado pola Deputación, é o resultado dunha longa e rigurosa investigación que Yáñez e Cañones comezaron nas comarcas de Ferrolterra e Eume en 2003 e que "pouco a pouco foi extendéndose e compilando os datos e contando a historia de cada un dos reloxos de sol existentes na provincia da Coruña".
Na segunda parte do libro, a máis extensa, conta con mapas das comarcas e municipios coruñeses onde se ubican os reloxos de sol e realizase unha catalogación exhaustiva dos mesmos, incluindo fotografías do estado actual de cada un deles. Nas fichas de cada reloxo detallanse polo miúdo os seus datos e historia, situándoa no contexto físico do edificio no que se ubica.