Apoio a Cuac FM e ao dereito a comunicar das radios comunitarias
O pleno do Concello de Oleiros aproba unha moción de apoio a Cuac FM
O Concello de Oleiros aprobou no pleno do 30 de novembro a moción do gobernó municipal da Alternativa dos Vecinos.
A moción solicita o arquivo inmediato do expediente sancionador incoado á Emisora RADIO CUAC FM e a concesión da autorización pertinente para que poida emitir sen ningún tipo de problema.
Ó mesmo tempo, dase traslado da mesma e se insta ó Parlamento de Galicia á redacción dunha Lei de Comunicación que trate en condicións de igualdade ó terceiro sector da comunicación e garanta a sustentibilidade dos medios de comunicación comunitarios, como garantía da pluralidade informativa e a diversidade cultural.
No texto da moción sinala: "Cuac FM é máis que unha emisora, é un espazo de alfabetización mediática e formación de novos comunicadores sociais. (...) O expediente a Cuac FM é o último dos intentos de persecución e clausura por parte dunhas administracións que, en vez de velar pola liberdade de expresión e a pluralidade informativa, prefire calar as voces reivindicativas dos máis febles; unha persecución que se torna nunha loita de poderosos Goliats contra pequenos Davides pero que conta co apoio inquebrantable da cidadanía a que serven. (...) A ONU, a UNESCO, o Consello de Europa ou o Parlamento Europeo recoñecen a labor dos medios comunitarios: son ferramentas de expresión cultural, que fortalecen a cohesión social, promocionan a diversidade cultural e lingüística, a inclusión social e a identidade".
Dúas décadas de traballo desinteresado ben se merecen unha licenza...
Apoia a CUAC FM coa túa firma: https://cuacfm.org/peticion/