Galiza Nova | nota de prensa
Galiza Nova prepara a súa XVII Asemblea Nacional a finais de 2023
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023 - A organización xuvenil do BNG analizou pois de éxito a campaña "Unha volta por Galiza" coa que, afirman, fixéronse máis de 4000 km ao longo e largo do territorio galego levando as propostas do BNG para a mocidade.
No tocante ao traballo para os vindeiros meses, a organización xuvenil organizará a trintena cuarta edición das Xornadas de Verán en Vilanova de Arousa, os días 16 e 17 de setembro. Sobre estas xornadas, avanzan que serán "moi produtivas, formativas e de convivio" e indican que nos vindeiros días poderase atopar máis información ao respecto tanto nas redes sociais da organización como na súa páxina web.
O punto forte da xuntanza foi a convocatoria da asemblea nacional da organización. Pasados case 2 anos dende que botou a andar a dirección actual, Galiza Nova convoca unha nova Asemblea Nacional, a décimo sétima, para o vindeiro sábado 2 de decembro baixo o lema "Organizar agora a Galiza Ceibe do futuro" e que terá lugar en Santiago de Compostela. Con esta convocatoria, a organización xuvenil encara 3 meses de traballo tanto loxístico como orgánico de preparación da xuntanza, da que sairán os obxectivos para os seguintes 2 anos e unha nova dirección política da organización.