Libros

Alex Pernas presenta o seu novo libro “De entre as tebras” na Coruña

O escritor coruñés Alex Pernas levará a cabo a presentación do seu último libro titulado “De entre as tebras” na cidade da Coruña. A cita está programada para o xoves 16 de maio ás 20:00 horas, e terá lugar no local da Asociación Veciñal da Agra do Orzán, situado na Rúa de Entrepenas, 38, soto.
Alex Pernas presenta o seu novo libro “De entre as tebras” na Coruña
De entre as tebras, de Alex Pernas
De entre as tebras, de Alex Pernas

Tras o éxito das súas obras anteriores como “Xarfas” e “A Paga”, Alex Pernas, nacido na Coruña no ano 1986, ofrece ao público este novo libro de relatos. “De entre as tebras” mergúllase nos recantos máis escuros da condición humana, explorando as profundidades da mitoloxía galega a través de seres e lugares ancestrais.

Nestes relatos, que transitan entre o urbano e o rural, Pernas invita ao lector a unha viaxe a través do territorio galego, escoitando as voces das protagonistas que, co seu falar característico, revelan a verdade que se agocha detrás dos contos de demos, trasnos, espíritos e meigas.

A entrada á presentación é libre e gratuíta ata completar a capacidade do local. Unha oportunidade única para descubrir as profundidades da narrativa galega contemporánea da man dun autor consolidado na escena literaria galega.

“De entre as tebras”

«Trala publicación de Xarfas e A Paga, Alex Pernas (A Coruña, 1986) escribe este novo libro de relatos no que, camñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa de novo o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella.

A través de diferentes épocas e viaxando entre o urbano e o rural, estas páxinas farán un percorrido por todo o territorio galego escoitando, na propia voz de moitas das protagonistas e cos trazos dialectais que as caracterizan, a realidade que hai detrás dos contos de demos, trasnos, espíritos e meigas.»

Neste libro, a persoa lectora poderá atopar, ao longo de 108 páxinas, un total de 19 relatos centrados, cada un deles, nun ser, lugar, ou obxecto da rnitoloxía galega. A pesar de que o terna principal estea baseado na fantasía, as lendas son tratadas dende un punto de vista realista.

Ademais de nunha lenda, cada un dos relatos está arnbientado nun lugar diferente da xeografía galega, percorrendo dende aldeas illadas nos Ancares ata cidades coma Cornpostela, e dende o mar de Viveiro e Muxía ata as terras de Chantada ou Valdeorras, unindo o mundo urbano co rural e o interior coa costa.

As diferentes personaxes exprésanse no galego dialectal propio da súa zona, podendo atopar no libro fenómenos fonéticos corno a gheada, o seseo, o cheísmo, ou a utilización de tu en lugar de ti.

A viaxe no espazo está acornpañada tarnén por unha viaxe no tempo. Mentres nalgúns relatos podemos atopar as vivencias de mulleres de cornezos do século XX, noutros podernos ver a vellez dun home durante os anos 60 do mesrno século, ou a adolescencia de diferentes xeracións, coma boomers, rnilenials, ou zetas.

Pese a que o tema principal do libro, a diferenza de Xarfas e A Paga, xa non é a crítica social, si se poderán atopar algúns relatos onde se traten problemáticas coma o acoso escolar, a gordofobia, o estigma das enfernidades rnentais, ou o machisrno.

O conxunto de relatos finalízase cun apéndice no que se describen as lendas tratadas.

Estando autoeditado, o libro pódese comprar en papel en fornato de tapa branda e Kindle, adenais de estar dispoñible de forrna gratuíta en forrnato EPUB.

  • Compra en papel e Kindle: https //bit.ly/DeEntreAsTebrasAlexPernas
  • Descarga de balde en EPUB: https //bit.ly/DeEntreAsTebrasAlexPernasEpub

Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software tras cursar os estudos de Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Grao en Enxeñaría Inforrnática, con Mención en En- xeñaría do Software, na Universidade da Coruña.

No mundo literario, publicou no ano 2018 a novela de ficción social Xarfas, e no ano 2022 o libro de relatos A Paga, publicado anteriormente coma folletín no xornal dixital adiante.gal entre os anos 2018 e 2021.

Tamén é activo no ámbito rnusical, estando en varias formacións, sendo as principais delas TST (heavy metal), coa que publicou unha maqueta no ano 2008; Ad Intra (doom/death rnetal), coa que publicou o sinxelo We Aren´t Ready fo Take Of (2011) e mailo LP Inside Us All (2013); Os Relámpagos de Nós (rock); e Oymyakon (groove/death rnetal), coa que se atopa na actualidade.

Tamén colaborou con diversas asociacións e xentes do ámbito do activisrno, sendo unha das principais accións a súa labor coma parte da xunta directiva da Asociación Gatuchinhos, a cal actúa coma protectora dos gatos rueiros.

Alex Pernas presenta o seu novo libro “De entre as tebras” na Coruña