7 DÍAS 7 LIBROS

Alita Cómics recomenda “Fóra de Mapa”

Fátima Ameijeiras avanza que o gañador do Premio BD da Deputación da Coruña 2016 ofrece unha historia de misterio ambientada no século XV.

Alita Cómics recomenda “Fóra de Mapa”
Fátima de Altia recomenda a Emilio Fonseca
Fátima, cun exemplar de Fóra de Mapa.

Con Fóra de Mapa, o ourensán Emilio Fonseca (1978) gañou o ano pasado o Premio de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. E Fátima Ameijeiras, da tenda de Alita Cómics na ronda de Nelle, dubida entre Fonseca e outro ourensán, David Rubín, que este sábado presenta Ether na outra tenda coruñesa de Alita. “Emilio Fonseca ten unha forma moi persoal de debuxar, para min é moderno. E iso que Fóra de Mapa conta unha historia de asasinatos e persecucións na Venecia do século XV. É unha narración moi áxil e reflicte un mundo político e económico que se transformaba tamén de forma moi rápida”, explica Fátima. Fonseca ten tamén unha faceta, a de cineasta, con traballos no documental e na animación que tamén deixaron pegada nesta novela gráfica.

Alita Cómics leva quince anos na ronda de Nelle, entre a Agra do Orzán e a nova zona do Paseo das Pontes. É unha libraría de cómic, que traballa desde manga a cómic americano e europeo. Pero que aposta tamén por produtos galegos e doutras partes do Estado, coma por exemplo Altarriba (“Tróuxonolo por aquí meu xefe a última vez e a verdade é que fiquei encantada, e un dos mellores en España”, di Fátima). En Alita hai por suposto espazo para os vídeos e moitos xogos, de cartas, de mesa, de rol… os war games son a moda do momento… desde hai anos. No soto da tenda hai un amplo local que se utiliza varios días a semana para partidas case multitudinarias. A clientela é moza, pero desde idades temperás até ven superados os trinta, conta Fátima.


 

Alita Cómics recomenda “Fóra de Mapa”