Libros

Amador Fernández-Savater presenta esta semana na Coruña o seu último libro, Habitar y gobernar. Inspiraciones para una nueva concepción política

As librerías Berbiriana e A Tobeira de Oza acollerán este xoves e sábado dous encontros co autor en formatos adaptados ás restricións sanitarias

Amador Fernández-Savater presenta esta semana na Coruña o seu último libro, Habitar y gobernar. Inspiraciones para una nueva concepción política
Habitar y gobernar
Habitar y gobernar, portada del libro

27-10-20. Amador Fernández-Savater estará esta semana na Coruña para presentar o seu último libro, Habitar y gobernar. Inspiraciones para una nueva concepción política, unha reflexión sobre as múltiples maneiras de pensar o político que é tamén un convite para imaxinar fórmulas contemporáneas de transformación social.

Da man da Asociación M e as librerías Berbiriana e A Tobeira de Oza, o pensador e activista participará, o xoves e o sábado, en dous encontros adaptados ás restricións que impón o contexto sanitario.

Así, o xoves, entre as 19.00 e as 21.00 horas, o autor estará asinando libros e conversando con aquelas persoas que se acheguen, nun espazo de encontros en petit comité na libería Berbiriana (rúa Santiago, 7). O aforo da librería é de cinco persoas.

O sábado, a partir das 12.00 horas, o escritor participará, no alpendre cultural A Tobeira de Oza (rúa Merced, 24), nun encontro con activistas de colectivos coruñeses que servirá para poñer en conversa o seu último texto con experiencias en primeira persoa e de proximidade. Neste caso, a participación será libre ata completar aforo e haberá tamén retransmisión por streaming a través da canle de Youtube da Asociación M.

Desde o xoves, o autor estará dispoñible para entrevistas con medios, a través da asociación.

Amador Fernández-Savater presenta esta semana na Coruña o seu último libro, Habitar y gobernar. Inspiraciones para una nueva concepción política