Axenda Cultural

João Ribeiro volve con "A casa grande"

É a terceira obra de João Manuel Ribeiro que publica Hércules

 

 

A presentación terá lugar o sábado 3 de marzo en Santiago

João Ribeiro volve con "A casa grande"
Portada A Casa Grande
Portada A Casa Grande

Hércules de Ediciones vén de publicar os libros A Casa Grande e La Casa Grande; edicións en galego e castelán dunha obra publicada orixinalmente en portugués do autor João Manuel Ribeiro.

A obra —dirixida a primeiros lectores— será presentada o vindeiro sábado 3 de marzo ás 12:00 horas na Biblioteca Afundación de Santiago. No acto, o autor do texto, João Manuel Ribeiro, estará acompañado do crítico literario, Armando Requeixo e de Laura Rodríguez, editora.

O libro é un “Manifesto de Cidadanía” no que o autor aborda temas como as distintas linguas, latitudes, culturas, cores e crenzas relixiosas. O escritor apela aos pequenos lectores para que compartan sentimentos como o amor, a verdade e o perdón. Convídaos a participar neste desafío que é o combate pola conquista dunha linguaxe universal, nova e común a todos aqueles que respectan a diferenza. É un álbum metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecer e vive con intensidade.

A Casa Grande e La Casa Grande é o terceiro libro de João Manuel Ribeiro que publica Hércules de Ediciones, tras o éxito de Meu avó rei das pequenas cousas/Mi abuelo rey de las pequeñas cosas e O señor Pésimo é o Máximo/ El Señor Pésimo es lo Máximo.

O autor:

 

João Manuel Ribeiro, leva anos de intensa e plural actividade editorial, repartida entre a investigación —sobre libros, lectura e literatura—, a edición e a escritura. Na súa faceta de editor traballou con nomes tan sinalados como João Pedro Mésseder, Vergílio Alberto Vieira, Maria da Conceição Vicente ou Adélia Carvalho, por citar só algúns exemplos. Aos autores referidos vén sumando tamén un conxunto de títulos da súa propia autoría, tanto en forma poética coma en prosa.

A Casa Grande e La Casa Grande presentarase en Santiago o vindeiro sábado 3 de marzo ás 12:00 horas na Biblioteca Afundación. A entrada é libre ata completar aforo.

João Ribeiro volve con "A casa grande"