KEPA JUNKERA VOLVE AS SUAS ORIXES

Kepa Junquera & Sorginak

Despois do éxito colleitado co seu álbum Galiza e tras toda unha carreira adicada  á música tradicional vasca e ás músicas de raíz, Kepa Junkera volve as suas orixes con Trikitixaren historia Txiki bat (Unha pequena historia da Trikitixa).

Kepa Junquera & Sorginak

O que ofrece Kepa Junkera é un traballo a fondo, rigoroso, aínda que ameno e sin pretensións de sentar cátedra. Kepa Junkera escribe unha historia onde van aparecendo as mulleres e os homes precursores e os que tras os anos foron forxando un sonido moi particular, moi propio, que calou extraordinariamente na cultura vasca. Con este novo traballo, o vasco celebra ademais o seus 35 aniversario ao lado deste instrument. O novo traballo, que xa está á venda na Livraria Suévia (r/Vila de Negreira 32), é un disco libro de gran formato e un interesante texto sobre o instrumento. Para está aventura, o músico vasco acompañouse dun grupo feminino de canto e baile tradicional.


 

Kepa Junquera & Sorginak