Libros
Unha ollada ben diferente sobre EmiliaPardo Bazán
O pasado xoves 8 de Xullo, Librería Suevia organizou en Coruña o lanzamento do libro Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán de María Pilar García Negro. A presentación tivo lugar o pe da Estatua Curros Enriquez o lado do Teatro Colón
A profesora e investigadora María Pilar García Negro examina, neste ensaio, o feminismo de Emilia Pardo Bazán, a súa actitude ante a lingua e literatura galegas ou o trato que dispensou a Rosalía de Castro; tamén, o xeito en que a autora coruñesa exercía de galega e a imaxe que proxectaba do país; e, por último, o seu posicionamento ideolóxico ou político. En todos estes asuntos, deixa falar á propia Pardo Bazán, quen irá retratándose a través da súas obras ou declaracións. Este volume presenta unha ollada ben diferente aos estudos e libros publicados ata hoxe sobre a recoñecida narradora.
A autora do presente volume formula –e dá resposta– a varias cuestións relevantes arredor da persona- lidade e da obra de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921), escritora plenamente in- tegrada na literatura española de fins do XIX e comezo do XX.
María Pilar García Negro exami- na, por unha banda, o feminismo da narradora e pregúntase se mi- raba realmente con lentes violeta ou eran pola contra uns lentes “de clase”. Por outro lado, ana- liza o xeito en que Pardo Bazán exercía de galega e, sobre todo, que imaxe de Galicia construíu e difundiu por España. En terceiro lugar, abórdase tamén nestas páxinas o psicionamento político ou ideolóxico da recoñecida autora. ¿Era dona Emilia liberal ou fondamente conservadora? ¿Como encaixaba o seu aristocratismo en todo o seu pensamento?
A súa actitude ante a lingua e a literatura galegas e o tratamento en concreto que lle dispensou a Rosalía de Castro son outras das cuestións cruciais abordadas detidamente neste ensaio.
María Pilar García Negro deixa falar, en todos estes asuntos, á propia Emilia Pardo Bazán. Será ela, a través das súas obras e das súas declaracións, quen vaia retratándose. O resultado é unha ollada ben diferente á maioría de estudos e libros publicados ata hoxe, sobre a condesa de Pardo Bazán, nun ano como o 2021 no que Galicia e España conmemo- ran o centenario da súa morte.
María Pilar García Negro (Lugo, 1953) é escritora, sagaz investiga- dora e profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, polí- ticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Entre as súas nume- rosas obras publicou, en Alvarellos Editora, en 2010, o estudo intro- dutorio de Gran Lugo de nebra.
Antoloxía de versos e prosas, 1955- 1999, de Uxío Novoneyra; en 2013, o ensaio “Cantares gallegos”, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (2013), que recibiu o Pre- mio da Edición de Galicia ao Mellor Libro de Non Ficción do ano, e No tempo de Follas Novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015), no que García Negro se ocupou do coidado da edición e convocou un excelente elenco de docentes e escritoras/es.