Axenda cultural
Presentación do libro "Crúa e núa" en Spazo
O sábado 12 de xaneiro ás 20h, preséntase o libro "Crúa e núa" de poesía galega e ilustracións de Suevia Figueroa na Galería de Arte Spazo, Avda. Os Mallos, 1.
Suevia Figueroa falará do seu libro "Crúa e núa" e firmará exemplares este sábado en Spazo.
Suevia Figueiroa
Nada en Ribadeo o 11 de maio de 1987.
Afincada en Viveiro.
Vivindo en varias poboacións de Galiza, Euskal Herria e Madrid, na súa mocidade.
As súas inspiracións para escribir son máis que escritores propiamente devantidos, grandes poetas da música como: Sés, Joaquín Sabina ou Carlos Chaouen.
Así como os escritores clásicos, dende Edgar Allan Poe a Rosalía de Castro, pasando por Lorca ou Castelao.
Crúa e Núa
Non naceu para ser lido,
senón para quedar nun recuncho da alma,
foi concibido para ser espírito nun mundo terreal,
máis próximo á utopía que á realidade.
O que aquí se plasma non son máis que unhas vivencias;
unha visión irreverente, dura e á vez doce da vida,
un intento de converter a dor en beleza,
e de poder mirar aos ollos que o espello reflicte sen baixar a cabeza.
Otto Treto
Pintor e fotógrafo, nado na Habana no ano 1961,e afincado en Viveiro. É o autor das ilustracions do libro Crúa e Núa, coas que reflicte unha visión distinta dos textos, empregando acuarela e técnica mixta sobre papel