A 'distancia' dunha vivenda

O mundo, ese lugar que habitamos. Árbores, terra, ríos, mares, montañas. Culturas, ideas, emocións. Podería ser aquí onde atopes sentimentos ocultos, onde atopes o que popularmente chámase como  amor, pode ser que tamén atopes o que se coñece coma puñaladas polas costas. Quizáis esteamos  rodeados de miseria, ou de sorte, según a luz que lle botes. O que podemos dicir con claridade, é  que estamos rodeados de posibilidades.
Vivenda
Vivenda

Algunhas das almas que se apegan ao chan pode ser que pasen sen facer moito ruído, pasando de  puntillas. Outras, veñen para pisar forte. Algunhas delas danse de conta, e pisan forte, máis saben andar de puntillas. Hai algo de escuro en todo isto, máis por algo tamén existe, pola contra, a luz dun novo día. Para algúns, isto que chamamos “vida”, é complexa. O que tamén sabemos outros, é que pode ser simple. O que sabemos todas as persoas é que fácil non é. Pero, dende onde se parte? Unhas cores borrosas ao principio, dícese, é o primeiro paso. A partir de aquí, agárrate que veñen curvas. 

E é que, de golpe e plumazo, esquecerás o teu punto de partida. Mais parte de ti non esquecerá os primeiros pasos, as primeiras raibetas, os primeiros sorrisos, marcados polos xogos que che fagan. Pouco a pouco, se irá medrando, e con iso, as aprendizaxes vitais que recollas e que che fagan recoller. Un partido de fútbol, o primeiro bico, un libro do que gostarás, a primeira mancada, o primeiro amor; todo isto sempre rodeado dunha paisaxe hostil. 

Non é moco de pavo, cantas lembranzas gardamos cada persoa? Cantas serán as emocións e  realidades que marcarán o rumbo da nosa vida? Algunhas con máis intensidade, outras con menos, outras con máis recordos, e outros con menos. Que persoa non fixo dano ou foi ferida? Cal non se  sentiu perdida? A cousa é: que sería de todo isto sen, como un mínimo, un lugar onde poder  reposar, descansar, agochar a cabeza e desfrutar dun bo sono que nos recargue para afrontar o seguinte día con máis forza para recoller novas experiencias, dentro da medida na que se nos permite gozar?

A resposta parece de manual. Nacer no occidente é nacer xa con garantía de catro paredes e un teito. Xa teñas unha vida axetreada, unha vida sinxela, unha vida complexa; calqueira goza disto, mais, algunha vez parámonos a pensar da súa importancia? Da importancia de poder, xa non durmir cunha conciencia baleira, senón de ter onde poder facelo? Quizáis se pase por alto, como outras tantas cousas. Algunhas persoas saben a importancia disto, outras nin o pensan; e outras xogan moi ben o seu papel neste ámbito. 

Unha casa, un piso, un dúplex. Unha xestoría propietaria de patrimonios ou intermediaria de. Unha  adquisición. Unha única misión: esquivar o tempo, o frío, as chuvias, o calor, a noite; poder  sobrevivir ao aire libre no sentido máis literal da frase. Algo que, dende tempos xa non lembrados, é polo que moitas persoas morreron, e non por non batallar, senón pola sumisión dos valores ao  poder adquirido polo diñeiro. O sometemento que supón hipotecar unha vida. 

A loita xa non se converte contra a natureza, a loita se converte contra nós mesmos, contra UN elemento sistemático que nos impide, xa non desenvolvernos como persoas civilizadas ou  individuos, senón que nos corta de raíz algo tan básico como eses primeiros pasos, emocións e  realidades, de onde nacemos. E non é so por, coma a palabra de moda de entre 2008 – 2012,  desahuciarnos. A cousa é, quizáis, máis enferma todavía, febril, 

Febril, no sentido máis primitivo da palabra, no sentido máis punki, xa que nin botarse a unha  esplanada e, co uso propio da forza e do medio que nos rodea, refuxiarnos entre catro paredes  feitas coas nosas mans sen a axuda de ninguén. Usando a mesma natureza da cal fuximos, da cal debemos refuxiarnos, é algo prohibitivo por non haber un intermediario, un intercambio no que o valor da productividade empregada sexa, lonxe de equitativa, recompensada con diñeiro. 

Non fai falta saber de historia, nin de economía, nin tan sequera de matemáticas para diferenciar entre madeira ou pedra. Algo tan instintivo coma non morrer no aire libre, convértese nunha tarefa imposible. Máis que imposible, inasequible. Máis que inasequible, non rentable. Máis que non rentable, mercantilmente non viable. É o diñeiro o que rixe as nosas vidas, e é o diñeiro polo que o mundo se move. O impacto é brutal, e tamén simple. Se non tes diñeiro, non tes vida, non podes ter acceso á vida. Naces xa cun compromiso nas mans. O compromiso de poder manter a túa propia  supervivencia, vender a túa vida ao capital para garantirte o que logo che pode ofrecer esta por maltratar a túa saúde, o teu corpo. O compromiso de someterte a unhas reglas que se votaron, trampeadas de maneira vil e intelixente, para poder gozar desa sorte que é sentir e vivir. 

No mellor e maioría dos casos, estaremos ben lendo isto logo de saír da propia vivenda na que  reposamos, ben na mesma vivenda. É unha sorte máis, na que non se pensa de maneira correcta acerca da labor que ten algo básico. A sorte da que se goza é a sorte da que outras, por circunstancias* da vida, non poden facelo, non poideron facer fronte ás regras postas por nós  mesmos. Regras impostas polo mercado. 

Véndete. Mércao. Tes as regras, non podes saírte. Terás cinco ollos enriba. Mércao, véndete. O teu valor como persoa é nulo salvo para aquelas que che queren, salvo para as persoas que queres. É o xogo dun Imperio que non ten fisuras. O calor que se te proporciona dende un primeiro instante é o que tes que conservar. Non mires cara outro lado, solo segue as liñas que che marcan. Se decides  mirar cara outro lado, serás benvido ao lugar da existencia que brilla pola súa primeira ausencia. Verás unha luz, unhas luces que sinalan horizontes que non mirastes antes. Verás, mirarás, observarás iso que é concretamente abstracto. Mais, abstractamente, cando botas unha ollada máis alá poderá ser que atopes...

“Al otro lado lado del lago hay algo que huele a vida. Será alguna flor prohibida que tú llevas en la  mano. Al otro lado del lago no hay calles del desengaño. Hay más almas cada año que el patio han  alborotado” La Raíz – Canción Pendiente 

*Véxase as circunstancias no libro “Vidas Hipotecadas” de Ada Colau e Adrià Alemany