3ª Marcha Mundial por la Paz y la Noviolencia
A 3ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia colabora no Círculo do Silencio da Rede Refuxiadas
O vindeiro 7 de novembro, como todos os primeiros xoves de cada mes, Rede Refuxiadas organiza o seu Círculo do Silencio na Praza Cervantes de Santiago de Compostela.
05 nov 2024
Nesta ocasión compartirán a actividade co equipo da Marcha Mundial pola Paz e a NonViolencia da Coruña.
Os círculos de silencio son unha actividade básica no activismo nonviolento en todo o mundo. Rede Refuxiadas organiza un ao mes, facéndose eco de diferentes loitas ou reivindicacións. Este xoves 7 de novembro colaboran coa 3ª Marcha Mundial. Este evento mundial, que percorre o planeta con centos de actividades, chega a Santiago de Compostela para transmitir a súa mensaxe fundamental de loitar contra todo tipo de violencia e discriminación e defender os dereitos humanos.