Mundo sen Guerras e sen Violencia | nota de prensa
Campaña “As localidades de Galicia apoian o Tratado sobre a prohibición de armas nucleares”
Na citada asemblea votaron a favor 122 países, dos cales xa o asinaron 86 e ratificado 54. É cuestión de tempo que os países que votaron a favor terminen o proceso de firma e ratificación.
Con todo hai países que nin votaron a favor, nin o asinaron nin o ratificaron. Algúns deles probablemente apostaban a que este tratado non chegaría a entrar en vigor.
Por suposto os países que posúen armas nucleares non apoiaron o tratado. Tampouco os seus aliados, entre os que se atopa o estado español. En Galicia diversos municipios e a Deputación da Coruña aprobaron mocións instando o goberno do Estado para unirse ao Tratado.
As cidades e non as filas inimigas son o obxectivo das armas nucleares. É por iso que son as cidades o suxeito interesado en acabar coas armas nucleares. Facemos un chamamento ás localidades para que pidan ao seu goberno correspondente a firma e ratificación do TPAN.
A campaña, organizada por Mundo sen Guerras e sen Violencia, conta xa co apoio de Marea Atlántica, Bloque Nacionalista Galego e Podemos e conta con sumar mais forzas ao traballo.
Comezará cun Acto de Lanzamento o vindeiro xoves 24 de febreiro ás 19:30 horas no local da Asociación Veciñal AGRA (R/ Entrepenas, 38).
Proxectarse o documental “O principio do fin das armas nucleares”. Falarán Marisa Fernández de Mundo sen Guerras e sen Violencia; María García, por Marea Atlántica; Francisco Jorquera, polo BNG e Isabel Faraldo por Podemos.