Acampa pola paz e o dereito a refuxio
A concentración de mañá a prol da paz en Ucraína segue a sumar apoios
A Coruña, 5 de marzo 2022.- Na concentración será o músico e comunicador Xurxo Souto o encargado de ler o manifesto no que se esixe a Paz para Ucraína e unha saída negociada que impida que haxa máis mortos, máis violencia e máis dor entre a poboación civil daquel país. Nela participará activamente a comunidade ucraína da Coruña que, sen dúbida algunha, sentirá a calor e o apoio de toda a sociedade galega.
As asociacións e colectivos que respaldan ate o momento a iniciativa son Mundo sen Guerras e sen Violencia, Foro Galego de Inmigración, Integra Coruña, Simbiose, Aire, Vangarda Obreira, Sen Valos, Solidariedade Galega, Refugees Welcome, Fotos contra A Guerra e RefuCoru. Xunto a eles, a Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia, as asociacións Campo de Pena-Palavea, Fuco Buxán e a Asociación Veciñal Castrillón-Urbanización Soto “IAR”. Así mesmo, estarán Defensa do Común, UGT, CCOO, CGT, CIG, Marea Atlántica, BNG, Podemos e PSOE. Tamén se sumaron Amnistía Internacional, Enxeñería Sen Fronteiras, Families4Peace, a ONG ¿Por qué no? ,Coordinadora Galega de ONGs, VERDES EQUO Coruña, Forum Propolis e Solidariedade Internacional de Galicia. Adhírense tamén á iniciativa da concentración a prol da Paz o Colectivo pola Renda Básica da Coruña, Galiza Nova e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia