medio ambiente

Qué facemos cos residuos na Coruña?

Este mércores ás 19.00 horas na asociación veciñal de Monte Alto, ADEGA organiza unha charla coloquio para explicar a xestión do lixo e o modelo da Coruña.
Qué facemos cos residuos na Coruña?
IMG_4733
IMG_4733

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha entidade que promove a conservación do medio ambiente na nosa comunidade. Este mércores colabora coa Asociación Veciñal de Monte Alto para organizar unha charla coloquio: "Que facemos cos residuos?”, Nela explicarase o Modelo Nostián de xestión de residuos e as súas particularidades, tamén o uso do quinto contedor e, en definitiva, todo o proceso polo que atravesa o lixo dende que sae das nosas casas. 

Este evento forma parte das actividades da Marcha Mundial pola Paz e a NonViolencia na Coruña. A Marcha, que percorre o planeta dende o 2 de outubro, organiza e acolle actividades co obxectivo de difundir o fin de todo tipo de violencia, a defensa dos dereitos humanos e do medio ambiente.

Qué facemos cos residuos na Coruña?