Urbanismo

Acampada diante da Autoridade Portuaria contra a especulación

Activistas da Comisión de Defensa do Común acamparán esta fin de semana diante da Autoridade Portuaria da Coruña en protesta pola especulación deste organismo cos terreos da Solana e os peiraos. Ampliación co programa da acampada.

Acampada diante da Autoridade Portuaria contra a especulación
Autoridade Portuaria
Autoridade Portuaria

Despois dunha reunión e da recollida de fondos para costear a acampada onte na Casares Quiroga, a Comisión de Defensa do Común anunciou que a protesta empezará o venres pola tarde e rematará o sábado ás 14.00 horas.

A Comisión, que o 7 de maio organizará una manifestación na cidade esixindo a devolución gratuíta da Solana e Hotel Finisterre, todos os peiraos, o cárcere e terreos do Campo da Estrada, comeza deste xeito a xeira de mobilizacións na rúa despois da intensa actividade institucional que congregou en apoio as súas demandas a case un cento de entidades e colectivos da cidade e foi quen de sacar adiante una moción no Concello, o pasado 6 de marzo para impulsar unha consulta popular respecto da devolución dos terreos.

Cartel da protesta

Programa da Acampada

Venres, 21 de abril

19 horas. Inauguración oficial da acampada e actuación do grupo de música tradicional da Asociación de Veciños do Agra do Orzán. Entre outras cancións, haberá unha dedicada ao ministro de Fomento.

20 horas. Recital de poemas polo colectivo literario In Nave Civitas

20.30 horas. Actuación dun grupo de pandereteiras

Sábado, 22 de abril

11 horas. Mesa de recollida de sinaturas

12 horas. Roteiro explicativo desde a Autoridade Portuaria até o castelo de San Antón, dirixido polo arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez, da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio da UDC, para recuperar a memoria histórica desa zona

13 horas. Actuación musical do grupo formado por Xosé Taboada, Paco Campos e José Luis Yepes

13.30 Acto de clausura.

14 horas. Levantamento da acampada


 

Acampada diante da Autoridade Portuaria contra a especulación