O mural artístico da fachada foi completamente danado

Ataque vandálico á sede do BNG na Coruña

O mural instalado na fachada de entrada á sede do Bloque Nacionalista Galego na rúa Damas na Cidade Vella, obra de Felipe-Senén López Gómez, e que representaba á Torre de Hércules, foi obxecto dunha pintada que escureceu todo o panel

Ataque vandálico á sede do BNG na Coruña
ataque_sede_bng3
Despois do ataque. Na foto, Avia Veira, Portavoz do BNG no Concello da Coruña, Vitoria Louro, responsable Comarcal e Manel Méndez responsable Local da formación nacionalista

“Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria”, sinalan desde a formación nacionalista 

A sedeO  mural atacado na sede do BNG do BNG na cidade da Coruña ven de ser obxecto na noite desde domingo dun ataque vandálico.

Deste xeito, o mural instalado na fachada de entrada á sede da formación nacionalista situada na rúa Damas da Cidade Vella foi completamente escurecido de tal forma que o mural foi danado de xeito definitivo e irreparábel.

A obra, sinalan desde a formación nacionalista, un mural sobre cartón-pluma instalado ao carón da porta da entra da súa sede, fora realizado no seu día por Felipe-Senén López Gómez, e representaba a unha Torre de Hércules símbolo “dunha Coruña como un faro para Galiza”, no cal unha grande estrela vermella se alzaba sobre o monumento patrimonio da humanidade.

“Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria”, conclúen desde a formación nacionalista

Ataque vandálico á sede do BNG na Coruña