BNG | nota de prensa

O BNG interésase por cando vai levar a pleno o goberno local os seus plans para o ámbito da Ría de Burgo

A concelleira do BNG Avia Veira acaba de rexistrar unha prergunta por escrito para saber cando vai levar a Pleno o Goberno Local os seus plans de revisión do planeamento para o ámbito da Ría do Burgo unha vez que, en novembro de 2021, caducou a suspensión de licenzas decretada por un ano.
O BNG interésase por cando vai levar a pleno o goberno local os seus plans para o ámbito da Ría de Burgo

A Coruña, a 23 de febreiro de 2022.- A suspensión cautelar de licenzas, acordada en Pleno en novembro de 2020, tiña como propósito, lembra Avia Veira, "repensar as previsións do PXOM de 2013 para un ámbito que abrange uns 2 mil metros de ribeira e que ten unha superficie de case 400 mil metros cadrados".

"Mais o certo é que, un ano despois, e xa caducada a suspensión de licenzas, continuamos sen saber nada dos plans do Goberno Local para este tramo da Ría do Burgo", denuncia Avia Veira, quen salienta que no informe proposta elevado ao Pleno polo Executivo coruñés se afirmaba que o seu propósito era "protexer a paisaxe e a contorna marítima".

"O BNG quere coñecer cales son os plans do Goberno Local, cando os pensa levar a Pleno e por que non aproveitou o tempo de suspensión de licenzas para levar a cabo os traballos necesarios de revisión do planeamento para este ámbito, como tería sido o desexábel", conclúe Avia Veira.

O BNG interésase por cando vai levar a pleno o goberno local os seus plans para o ámbito da Ría de Burgo