BNG | nota de prensa
O BNG rexistra iniciativas sobre o impacto do Paseo Marítimo no tráfico de Monte Alto e nos aparcamentos
A Coruña, 26 de setembro de 2023 - Os atascos na Rúa da Torre están a xerar preocupación entre a veciñanza de Monte Alto, xa que a peche do Paseo Marítimo entre a glorieta de Durmideiras e a subida a Veramar obriga a utilizar esta rúa para acceder ao túnel de María Pita. Nos momentos de maior tráfico, esta situación fai que a circulación sexa moi lenta, chegando a supoñer demoras de ata 20 minutos.
Ante esta problemática, Avia Veira preguntou ao Goberno Local se teñen plans para aliviar os embotellamentos diarios na Rúa da Torre e se se está a considerar cambiar a dirección doutras rúas no barrio de Monte Alto. Este último punto toma relevancia tendo en conta que Monte Alto se localiza nunha península, o que limita as opcións de tráfico.
Ademais, en relación á redución de prazas de aparcamento debido ás obras no Paseo Marítimo e á demolición do mercado, Veira propuxo a posibilidade de utilizar as instalacións das cocheiras do Tranvía, que son de propiedade municipal tras a liquidación do servizo de transporte por rodadura fixa mediante tranvías, para crear un aparcadoiro temporal.