BNG | nota de prensa
O BNG rexistra un rogo para o Concello reparar a fonte de auga potábel do parque norte da Avenida de Novo Mesoiro
O concelleiro do BNG David Soto rexistrou un rogo escrito para o Goberno Local garantir a reparación da fonte de auga do Parque Norte da Avenida de Novo Mesoiro.
A fonte “perde auga de forma constante, o que ten máis gravidade en caso de pre-alerta por seca, como é a situación actual”, afirma Soto na exposición de motivos desta iniciativa. E a seguir engade: “O pulsado para regular a saída da auga tampouco funciona adecuadamente, de tal forma que é imposíbel beber da fonte na actualidade”.
Cómpre, por tanto, reparar a fonte para que non se continúe a desaproveitar a auga nestes tempos marcados pola seca.
A reparación “das fontes existentes no noso termo municipal” xa fora levada polo BNG ao Pleno, en concreto polo noso portavoz, Francisco Jorquera, na sesión realizada o pasado setembro.