Entrevista a la Concejala de Medio Ambiente, María García
“A cidade estará limpa se a cidadanía colabora”
En el caso de la concejala de Medio Ambiente, María García, la "proximidade" forma parte de su personalidad. Nos recibe en su despacho y desgrana todos los temas en perfecto orden y asegurándose de que le vamos entendiendo.
- Se está licitando un nuevo contrato de gestión de la limpieza viaria ¿cuándo termina la licitación y se pone en marcha?
- Aínda non empezou a licitación. Estamos agora mesmo pechando a fase de consultas. Na Coruña estamos sendo pioneiros en, antes de sacar a licitación dos grandes contratos, preguntarlle á cidadanía e recoller demandas e alegacións, falar coas asociacións de veciños, os sindicatos… para enriquecer eses pregos antes de que sexa demasiado tarde. Entón agora estamos analizando as achegas que houbo durante a consulta para integrar nos pregos as que se podan e logo empeza a licitación. E a partir de que empeze a licitación calculámoslle un mínimo de seis meses, polos prazos legais. Ou sexa que estamos falando da primeira metade de 2019.
- ¿Qué novedades hay respecto al anterior contrato?
- O contrato sube de prezo uns catro millóns de euros, que non é baladí! É un incremento importante de medios e de recursos. E o que tentamos é que se dirixan a dúas vías: primeiro, a que os medios se repartan de maneira mais equitativa na cidade (antes estaban moi concentrados no centro e había mais carencia se cadra nos barrios). Nós creemos que hai que repartilos de maneira mais equitativa. O centro necesita moitos medios, porque ten maior afluencia de xente, moita hostalería e tamén se ensucia mais e se deteriora mais. Pero a vida se fai tamén nos barrios: a xente está nas prazas, está nas rúas peonís, está realmente distribuída por toda a cidade e creemos que hai que atender esas demandas. Entón, distribuír os medios, por un lado, e por outro lado, outro obxectivo grande é crear equipos específicos de traballadoras e traballadores de limpeza que atendan a tarefas concretas. É dicir, equipos específicos que estean para a retirada da folla, para retirada de pintadas, para retirada de herbas, para atender os vertedoiros incontrolados, que hai moito problema na periferia, para que non se teñan que detraer do varrido diario dos barrios, que iso era a situación que estabamos observando. Queremos atenderas esas tarefas complementarias sen alterar o varrido manual dos barrios.
Logo hai outra mellora que nos parece importante que é a limpeza con auga. Creemos que é necesaria. Antes era moi escasa e se centraba fundamentalmente no centro da cidade. E agora queremos ampliala un pouquiño (é un servizo moi caro) para que chegue a tódolos barrios. Non vai ser diaria, pero si vai ser periódica.
- ¿Se van cuidar igual los barrios que el centro? ¿Qué vamos a notar de nuevo en los barrios?
- Un pouquiño o que ía dicindo. Os barrios teñen que contar cos medios necesarios e suficientes para a limpeza. Non teñen por que ser en todos os sitios os mesmos. Se cadra, no centro, onde hai mais hostalería, mais residuo líquido, necesitan mais limpeza con auga e a periferia, se cadra, necesita mais desbroce. As necesidades son diferentes, pero teñen que estar atendidas.
- ¿Cómo se prevé actuar respecto al botellón y el ocio nocturno en general?
- O novo contrato prevé brigadas específicas para atender a eses residuos e esas necesidades de limpeza despois das noites de festa. Creemos que non é a única solución, que hai que traballar en prevención. Non chega con que o Concello vaia a limpar todo o que queda tirado, iso xa se fai. Pero temos que traballar en prevención e en conciencia cidadá. E iso estámolo traballando cos adolescentes a través dos programas de educación ambiental, co programa de “móllate polo San Xoán”, que se trata moitísimo todo o tema de residuos, de plástico, do coidado do espazo público… Estase traballando dende as concellerías de Xustiza Social, co tema do control de alcohol a menores; estase traballando dende Participación cos programas de ocio alternativo, de ocio nocturno que non ten que ve co alcohol… se ten que traballar nesa liña de prevención moitísimo coa mocidade. Claro que é necesario limpar, pero se cadra a solución ven por outro lado: crear conciencias cívicas.
- ¿Cómo se va a actuar con las pintadas, gomas de mascar, etc.?
- Un pouquiño o mesmo. Estanse retirando pintadas, pero vemos que van a mais. Todos los concellos están tendo problemas de pintadas en muros, en mobiliaria, na vía pública, en mobles públicos, nos privados… actualmente o contrato retira pintadas de propiedades municipais, é dicir: de edificios municipais e de vía pública, agás algún caso que sexa quizais moi ofensivo, ou que sexan amenazas… casos moi especiais; pero en xeral é para dependencias municipais. Vemos que a cidade ten moitas pintadas en edificios privados. Entón, ademais de retiralas e de limpar, temos que traballar outra vez en prevención. Limpar por si só non soluciona o problema: volven a ter un lenzo para facer unha pintada o día seguinte. Entón queremos traballar en murais, en zonas que están moi afectadas (os murais habitualmente se respectan), queremos traballar en liberación de muros, que haxa sitios onde eles poidan ir a “grafitear”; claro que hai que traballar tamén en cuestión de sancións, en fin, un paquete de medidas como co botellón, hai que traballar o civismo coa mocidade.
- A veces hay vertidos incontrolados en parcelas privadas, pero que nos afectan a todos ¿qué se va a hacer?
- Actualmente o Concello retira vertidos incontrolados de parcelas e camiños municipais. E nos privados, requíreselle ó propietario para que retire os residuos, o que é un proceso moi longo, que require meses de tramitación. Co novo contrato o que queremos é poder actuar en parcelas públicas e privadas aínda que logo se pase a factura á persoa responsable. Pero actuar moi rápido para que non continúe proliferando o vertedoiro. É un problema que temos fundamentalmente na periferia da Coruña e que saibades que está a Patrulla Verde facendo moi bo traballo: este ano se identificaron a 24 infractores, é dicir o propietario dos residuos non o propietario da parcela, porque, claro, o propietario da parcela tamén… os pobres, non? Pero que a Patrulla Verde investiga e xa detectou a 24 infractores, propietarios dos residuos, que son os que os deixan por alí. Iso é moi bo traballo. Aínda quedan moitos vertedoiros se identificar, pero estamos traballando moito niso.
- ¿Se va a continuar haciendo el operativo “A pe de barrio”?
- Si. Vaise continuar, porque é un xeito de que os medios de limpeza vaian en profundidade a tódolos barrios, a tódalas rúas! se fan tódalas rúas cada ano. É un xeito mais de atender as necesidades dos barrios.
- ¿Cómo se va a controlar el que la empresa de limpieza hace todo el trabajo?
- Vai a haber un equipo de inspectores externos, mirando que se cumpre o control de calidade, é dicir, que se cumpren os requisitos de calidade, que xa están aclarados, definidos e sabe perfectamente cales son. Ou sexa: que os recursos se cumpren, que os recursos humanos están na rúa, que as máquinas están na rúa, que as cousas funcionan e que cando pasa o servizo de limpeza efectivamente queda limpo. Iso todo, se vai controlar con inspectores e se vai correlacionar co pago a empresa. Se non se cumpren esas obrigas, que xa van especificadas no prego do contrato, se lle resta diñeiro en base a fórmulas que coñece todo o mundo. É outro xeito de controlar a prestación de servizos, o estamos metendo agora mesmo en tódolos contratos e cremos que vai redundar en que as obrigas se cumpran.
- Vamos coa recollida de residuos voluminosos…
- O servizo municipal ten que funcionar e ten que haber un servizo de limpeza eficiente, pero a cidade estará limpa se a cidadanía tamén colabora. Non podemos deixar toda a responsabilidade a poñer un barrendero en cada esquina todo o día. Hai cuestións nas que a cidadanía pode colaborar, e unha cuestión moi importante é como se trata o lixo, os residuos: que respectemos o horario de botar o lixo nos contedores, para que os contedores non estean cheos e cheirando durante todo o día… Sabemos que lixo se bota á última hora da tarde, as oito no inverno e as dez no verán; e non entendemos por que están os contedores cheos todo o dia: iso é que non se están respectando as normas. Tamén nos axuda moito a que os contedores non reborden de lixo se a xente separa os residuos: os restos de comida en Orgánicos, o papel e o cartón no contedor azul, o vidro no iglú verde, e o resto ó contedor inorgánico.
- ¿Cómo está funcionando, la gente separa o no?
- Podemos mellorar moito, eu creo que a xente separou moito mellor do que separa agora, unha mágoa, a verdade. Entón estamos con campañas de educación ambiental. Ti fíxate que se o papel e o cartón fora todo ao contedor azul teríamos un millón de euros mais de ingresos para o Concello, para aplicar a todo: a garderías, a bicicletas, a parques, a todo… Esa é unha cuestión moi importante, no tema dos residuos, respectar os horarios e respectar a separación. E os voluminosos, cando baixamos os mobles e os aparatos eléctricos ao contedor, temos que chamar ao 010 para avisar que os vaian a buscar, porque se non, a empresa non o sabe. E funciona ben, en 24 horas ese electrodoméstico, ese moble, o retiran da vía pública. O problema e cando non se avisa e queda durante días e días na rúa. Iso é un problema que temos moitísimas veces. Hai que chamar antes de deixar o voluminoso. E a chamada ao 010 é gratis.
- ¿Qué tal funciona la campaña de las cacas de perros?
- Funciona a campaña de comunicación e a de sancións tamén. Que se saiba que está a Patrulla Verde vixiando todo isto. A xente que ten can, a meirande parte cumpre. E hai outra pequena parte que non cumpre e non se da conta de que entón o seu can nos está excluíndo os demais: de utilizar as zoas verdes, ou utilizar a vía pública… Unha zona que non está hixiénica, sexa por excrementos de can, ou sexa por outro tipo de residuos, nos exclúe aos demais de utilizala e iso crea moito conflito na cidade. Se queremos que os cans sexan uns cidadáns mais, tamén hai que entender que os donos teñen que cumprir coas súas responsabilidades. Non pode ser que os neniños e neniñas non podan tirarse nun prado de céspede porque está sucio de excrementos.
- El Punto Limpio Móvil ¿con qué frecuencia pasa por cada barrio?
- Tentamos que pase unha vez ao mes por cada barrio. Hai catro puntos limpos fixos na cidade, os mais importantes son os de Rosales e Eirís; e a maiores vai un camión que tentamos repartir equitativamente a tódolos barrios. A programación de cando vai estar en cada sitio publícase na páxina web, en Facebook, e tentamos sacar unha nota de prensa tódolos meses. É moi importante que se utilice o punto limpo, porque normalmente son para residuos especiais, é moi importante que eses residuos non vaian ao contedor, porque son precisamente os residuos máis perigosos: pilas, lámpadas, pinturas, vernices, os fluorescentes, sprays…