«A Coruña non se vende»

Comunicado da Comisión Aberta despois da manifestación

"A manifestación debería servir como axitador das conciencias dos responsabeis públicos"

Comunicado da Comisión Aberta despois da manifestación
A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma cívica promotora da manifestación, considera que as 6.000 persoas (4.000, según estimacións da Policía Local) que secundaron a súa folla de ruta tendente a conquerir a devolución gratuita das tres parcelas do Campo da Estrada,  A Solana,  Finisterre, peiraos de Calvo Sotelo, Batería e San Diego, xunto coa vella cárcere, debera servir como axitador das conciencias dos responsabeis públicos encargados de dar resposta ás inquietudes dunha parte importante da poboación coruñesa.
 
Ao tempo que avalía como altamente positivo o respaldo cidadá amosado ao seu chamamento, reafirma a súa convicción de que A Coruña atópase diante dunha das millores oportunidades para equilibrar os elementos urbanos xa existentes potenciando os seus fundamentos de racionalidade, dada a correlación de forzas actual no Pazo de María Pita, moi lonxe da que había en 2004, cuxo convenio asinado nesa data planea como unha espada de Damocles sobre os sofridos cidadás coruñeses. 
 
A xuizo desta plataforma, os manifestantes berraron ben alto que A Coruña non se vende e que tampouco están dispostos a consentir que unha parte do patrimonio público poida ser condenado a desaparecer baixo o pretexto de intervencións especulativas que nada teñen que ver co interés da inmensa maioría da poboación coruñesa. Para dar ese salto adiante, Defensa do Común interpreta que o esceario actual é propicio para executar todo un conxunto de plans complementarios que permitan a recuperación da parte da fachada marítima copada polos peiraos.
 
Finalmente, a Comisión indica que a movilización non é o remate de nada, senón que a resposta acadada vai servir para redoblar aínda máis os esforzos en orde a achegar a súa mensaxe ás capas da poboación coas que non poideron contactar.

Comunicado da Comisión Aberta en Defensa do Común remitido esta tarde aos medios.

Comunicado da Comisión Aberta despois da manifestación