Orzamentos 2017

Desbloqueadas as contas con rebaixa na previsión de ingresos

A Comisión de Facenda de onte deu continuidade aos orzamentos do 2017, pero cunha rebaixa na previsión de ingresos. 

Desbloqueadas as contas con rebaixa na previsión de ingresos

As reclamacións presentadas polo PP, respecto da previsión de ingresos de Emalcsa, e polo PSOE, sobre diferentes tributos como o dos vados, a construcción e as licencias urbanísticas, foron aprobadas e o proceso de aprobación dos orzamentos do 2017 continúa. "Perdéronse outros sete meses", explicou Avia Veira, portavoz nacionalista. O BNG está a espera de que o acordo de inclusión das súas achegas sexa calendarizado."Avalaremos orzamentos só no caso de que exista un calendario para a aprobación dun modificativo para integrar as nosas achegas pactadas co Executivo local no proceso de negociación”, insistíu a nacionalista. Os recortes nas previsións de ingresos esixen modificar tamén a cuantía do gasto orzamentado.


 

Desbloqueadas as contas con rebaixa na previsión de ingresos