Urbanismo

Douscentos veciños acompañaron ao alcalde no roteiro de reivindicación do porto

Máis de duascentas veciñas e veciños da Coruña participaron onte no roteiro Gañemos o Porto por lugares do porto co que Marea Atlántica quixo arrancar a semana de reivindicación da titularidade pública dos terreos.

Douscentos veciños acompañaron ao alcalde no roteiro de reivindicación do porto
Ferreiro falando nos Xardíns de San Carlos durante o roteiro
Ferreiro falando nos Xardíns de San Carlos durante o roteiro.

Porque queremos que o porto siga a ser un porto, non unha urbanización de luxo”, dixo a Marea Atlántica, os seus portavoces, Mercedes Bolaño e Álex Sánchez, para explicar que o acto de onte, un roteiro do alcalde e varios concelleiros contando as razóns polas que o Concello mantén unha disputa coa Autoridade Portuaria e ten a súa propia estratexia para recuperar a titularidade pública desa parte da fachada marítima da cidade.

O acto, o paseo dos membros do goberno municipal, celebrouse finalmente coa asistencia de máis de douscentos veciños, moitos simpatizantes da Marea Atlántica, que pretenderon subir un chanzo na estratexia de mobilización cidadá para opoñer ao Estado e que desembocará na manifestación do próximo domingo día 7.

Hoxe, tanto a CIG como os sindicatos estatais maioritarios,farán un chamamento a apoiar esa manifestación, malia o enfado dos nacionalistas pola iniciativa de Marea Atlántica de promover o paseo de onte.

Durante o roteiro falaron, entre outros, o alcalde, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, a de Medio Ambiente, María García, e un dos técnicos de urbanismo, o arquitecto Xoán Mosquera. O grupo partiu da sede da Autoridade Portuaria e fixo paradas na dársena, no Parrote, e no Xardín de San Carlos, onde falou Ferreiro.

Facía frío e a tarde ameazaba choiva. Foi unha tarde para evocar a historia do porto. A semana previa a mobilización do día 7 comezou gris. Hoxe, no Primeiro de Maio, haberá chamamentos a acción… por separado. E o martes, unha asemblea na Casares Quiroga que servirá para resolver diferenzas antes da data clave do domingo. Toca defender o porvir da cidade de todos.


 

Douscentos veciños acompañaron ao alcalde no roteiro de reivindicación do porto