Coronavirus

EMALCSA garante a seguridade do subministro de auga a fogares e empresas

A Empresa Municipal de Aguas cumpre cos parámetros da OMS e os seus tratamentos eliminan ou inactivan o Covid-19
EMALCSA garante a seguridade do subministro de auga a fogares e empresas
Auga
Auga

Despois de recibir varias consultas, desde a Empresa Municipal de Augas da Coruña, EMALCSA, aclárase que os estudos publicados recentemente fan referencia de forma exclusiva á presenza de restos de Covid-19 en augas residuais dos sumidoiros de fecais, polo que se garante a seguridade da agua que se subministra á cidade e a varios concellos da área metropolitana, que cumpre con todos os parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros organismos internacionais. Estes avalan en base ás evidencias científicas dispoñibles que os tratamentos de filtración e desinfección que utiliza EMALCSA eliminan ou inactivan o coronavirus, polo tanto, o servizo que chega a  fogares e empresas é seguro. 

A día de hoxe, existe consenso en distintas entidades científicas, como a Organización Mundial da Saúde, o ECDC/CDC (Centers for Disease Control and Prevention) e a EPA (Environmental Protection Agency) sobre que o virus non foi detectado en augas de consumo cando están tratadas con filtración e desinfección, tal e como aplica EMALCSA. Así, desde a Empresa Municipal destácase que o seu actual tratamento de desinfección de augas garante un axeitado nivel de protección, facendo que a súa auga sexa segura tanto para beber como para cociñar  ou o uso hixiénico.

Desde o mesmo momento en que se declarou o Estado de Alarma, EMALCSA puxo en marcha un Plan de Continxencia, que permite asegurar a actividade nas plantas de producción, incluído o laboratorio de calidade da auga, con protocolos de traballo ben definidos e en plena consonancia coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e a administración pública.

EMALCSA garante a seguridade do subministro de auga a fogares e empresas