Marea Atlántica | nota de prensa

O goberno de Inés Rey ten seis de cada dez euros do Orzamento sen gastar

Dos 356 millóns de euros dos que o Concello dispón este ano, sumando o orzamento e os remanentes, só o 42,9% foi executado á altura do 9 de setembro

O goberno de Inés Rey ten seis de cada dez euros do Orzamento sen gastar
Inés Rey
Inés Rey

Se descontamos o gasto corrente e  atendemos ao investimento, a cifra é moito peor: só o 9,5 dos fondos chegaron a executarse

O goberno de Inés Rey chegou ao día 9 de setembro co 60% do orzamento municipal sen gastar. O Concello xestiona este ano de 365,6 millóns, sumando os 310 do orzamento e os 46 incorporados coma remanentes de exercicios anteriores, e a pouco máis de tres meses de rematar o ano, so gastou o 42,9%. Así puido comprobalo o grupo municipal da Marea Atlántica, que empregou o seu dereito de acceso á información para consultar os datos na Concellería de Facenda.

Se descontamos o pago de salarios e outros gastos correntes, e atendemos ao investimento real (correspondente aos capítulos VI e VIII dos presupostos), a cifra de execución é moito peor: só o 9,5% chegou a gastarse antes do 9 de setembro. “De novo, estamos a ver a un goberno ao que lle custa gobernar e ir máis aló da política das fotos e os titulares. Teñen un orzamento aprobado grazas á Marea Atlántica, teñen iniciativas moi necesarias para a cidade, e non son quen de levalas adiante; de cumprírense os acordos, os datos de execución serían considerablemente mellores”, resume María García, a voceira municipal de Marea Atlántica. 

22_10_14_GraficoExecuciónOrzamento
22_10_14_GraficoExecuciónOrzamento

Tres concellerías que non chegan nin ao 30%

Atendendo ás nove concellerías do goberno, atopámonos con que hai dúas que non chegaron a executar máis do 15% dos seus recursos para este ano: Mercados, Comercio e Barrios ten una execución do 12%, mentres que Seguridade Cidadá e Turismo queda no 15%. No primeiro caso, significa que o programa Mover os Baixos, pactado coa Marea Atlántica para afrontar o grave problema dos locais comerciais baleiros, aínda non gastou nin o primeiro euro dos tres millóns que ten reservados. 

A seguinte peor é unha das que maior peso teñen no orzamento: Urbanismo, Vivenda e Mobilidade chega ao 9 de setembro son só o 27% dos seus fondos executados. Desta concellería dependen, entre outras cousas, os acordos asinados coa Marea Atlántica en materia de vivenda, coma a bolsa de alugueiro social, a construción de vivenda pública ou a compra de soares e inmobles para aumentar o parque municipal. Todos estes puntos están aínda sen comezar. 

Pésimos datos en vivenda e emprego

En concreto, a execución das partidas dedicadas á vivenda só pode describirse como pésima. O orzamento destina 2,7 millóns á xestión e promoción de vivenda pública, que están sen tocar e cunha execución do 0% á altura do 9 de setembro. E non moita mellor situación atopamos nos fondos para conservación e rehabilitación de inmobles e vivendas: son 11,5 millóns dos que só se executou un 13%. 

Tamén compre salientar que a Concellería de Educación, Memoria Histórica e Emprego só chega ao 32%, demostrando o escaso interese deste goberno por estas áreas concretas. 

En Educación, comezamos o curso con dúas horas menos que a Xunta de servizo nas escolas infantís, e coa perda dun centro da rede pública, a escola Carmen Cervigón, que se pasa á privada. En Memoria Histórica non houbo un só avance neste mandato, a Casa Cornide segue á venda e aínda non se abriu a vía xudicial para recuperala. 

Ademais, vemos, ademais, que as partidas de Fomento do Emprego só investiron un 31,7% dos 2,5 millóns que teñen reservados… pero é peor aínda o caso das axudas de desenvolvemento empresarial, dotadas con 3,9 millóns e executadas nun triste 3,3%.

O goberno de Inés Rey ten seis de cada dez euros do Orzamento sen gastar