Orzamentos municipais
A Marea Atlántica confirma o seu voto favorable aos Orzamentos 2020 tras resolver as dúbidas sobre o cumprimento dos acordos co PSOE
Introdúcense novas garantías, aceléranse a gratuidade das escolas infantís e o operador enerxético e pactaranse novas reformas fiscais, en clave verde e de xustiza social, no primeiro trimestre deste ano
Deste xeito, comprometémonos a traballar durante o primeiro trimestre deste ano en novas reformas fiscais para reforzar a loita contra a emerxencia climática e a xustiza social na Coruña. E establécense mecanismos para continúar supervisando o desenvolvemento das medidas pactadas.
Unha vez detectado na revisión do orzamento que a reforma do rocódromo de Riazor tiña reservados menos fondos do acordado (270.000 euros en dúas anualidades), resolverase mañá a través dunha corrección de erros. No caso do IMCE, aprobarase un modificativo do seu orzamento este mesmo mes.
O texto deste novo acordo, que complementa o asinado o 23 de decembro, pode consultarse aquí.