Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica e o goberno local comezan esta semana o traballo cara un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda

O  26 de xaneiro terá lugar a primeira xuntanza con entidades que traballan polo dereito á vivenda, na que participarán María García e Iago Martínez, voceira e vicevoceiro da Marea, Juan Díaz Villoslada e Yoya Neira, responsables de Urbanismo e  de BenestarSocial

A Marea Atlántica e o goberno local comezan esta semana o traballo cara un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda

Esta iniciativa forma parte do acordo asinado en decembro, que suporá destinar máis de nove millóns de euros a políticas de vivenda digna no orzamento de 2022
 

O goberno local e a Marea Atlántica convocan este mércores a primeira xuntanza dunha Mesa Social, á que están convidadas diversas entidades que traballan no eido do senfogarismo e o dereito á vivenda. Trátase do inicio dunha serie de encontros para dialogar co tecido asociativo e elaborar un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda 2022-2026

A cita será ás 11.3h, no Centro Cívico dos Mallos, e contará co concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada; da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira; e da voceira e o vicevoceiro municipais da Marea Atlántica, María García e Iago Martínez.

Esta iniciativa forma parte do Acordo para o impulso de medidas polo dereito á vivenda, asinado polo goberno municipal e o grupo da Marea Atlántica o pasado 29 de decembro, e que suporá dedicar máis de nove millóns de euros a políticas de vivenda no orzamento de 2022, no marco das negociacións que manteñen para aprobalos. 

Nove millóns de euros en políticas de vivenda

Entre outras cuestións, comprométense 3,6 millóns de euros para construír vivenda pública en solo municipal e 2 millóns para a compra de soares e inmobles destinados ao alugueiro social, así como un incremento do 30% na bolsa de alugueiro social de EMVSA, e unha suba do 20% nas axudas á rehabilitación de vivendas e edificios. 

No pacto asinado reclámanse ademais os necesarios compromisos da Xunta de Galicia e o Estado, administracións con maiores competencias.  O  dereito á vivenda debe entenderse como eixo das políticas urbanas, por ser  indispensable para unha vida digna.  

Por iso o acordo inclúe o compromiso de elaborar entre o goberno local e a Marea Atlántica un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda 2022-2026, que coordine todas as políticas neste eido. E que debe comezar por dialogar e escoitar cos axentes sociais da cidade, para recibir as súas achegas e ter en conta a experiencia de quen trata día a día cos problemas para acceder a un teito. A Mesa Social que se celebra este 26 de xaneiro será o primeiro destes encontros.

Cómpre lembrar que A Coruña existen máis de 20.000 vivendas baleiras, namentres que os alugueiros subiron un 18% de media entre 2017 e 2021. É necesaria implicación de todas as administracións públicas para afrontar un problema complexo. E así o está a facer o Concello, froito do diálogo aberto entre a Marea Atlántica e o PSOE.

A Marea Atlántica e o goberno local comezan esta semana o traballo cara un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda