Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica solicita a reapertura das hortas urbanas

Agora que a Xunta levantou as restricións, as ecohortas da Coruña poden volver funcionar e axudar a abastecer de alimentos a máis de 200 fogares

A Marea Atlántica solicita a reapertura das hortas urbanas
hortas_agraSGR_6609
Hortas urbanas da Agra do Orzán
A Coruña, 29 de abril de 2020.- A Marea Atlántica insta ao goberno municipal a reabrir canto antes as hortas urbanas da Coruña, despois de que a Xunta de Galicia autorizara o traballo nas parcelas agrarias situadas no mesmo Concello. Coas axeitadas medidas sanitarias e de protección, debería autorizarse que as comunidades das ecohortas se reactiven, favorecendo a produción de alimentos de proximidade e facilitando unha actividade saudable.

As hortas urbanas non son só espazos de lecer e de biodiversidade, tamén producen alimentos de quilómetro cero para o autoabastecemento de máis de 200 familias, algo especialmente importante nestes momentos de crise. A propia configuración das parcelas axuda a manter a distancia física de seguridade, pero o Concello podería habilitar medidas adicionais. Cómpre tamén facer axilizar os trámites para mudar as persoas titulares das parcelas que non se están a traballar, para non desaproveitar recursos públicos.

A Coruña conta con máis de 200 ecohortas, 115 parcelas na Agra do Orzán, 77 en Eirís, 29 en Novo Mesoiro e tres no parque Carlos Casares. Tamén compre lembrar que son un proxecto integrado na rede Urbact, xunto a cidades como Vilnius, Cracovia, Tesalónica, Caen e Loures. Crean comunidade, ofrecen unha actividade saudable e axudan a naturalizar a cidade e loitar contra o cambio climático.

Ampliacións previstas nos orzamentos 2020

Polos estes motivos, e por conservar un investimento importante, tamén instamos ao equipo de Inés Rey a cumprir os compromisos adquiridos nos Orzamentos 2020 do Concello e proceder á ampliación, concedéndolle prioridade, das hortas da Agra e do parque Carlos Casares, en Monte Alto, así como a crear novas instalacións en Palavea. Para realizar estas proxectos, contan con fondos da estratexia europea EIDUS, conseguidos no anterior mandato.

A Marea Atlántica solicita a reapertura das hortas urbanas