BNG | nota de prensa
Sobre a nova estrutura do Goberno Local
Este luns 19 de xuño coñeceuse a nova estrutura do Goberno Local. Eis a avaliación que lle merece ao noso portavoz, Francisco Jorquera.
"Á falta dunha valoración máis demorada, quero lembrar que unha crítica bastante xeralizada que se lle facía ao anterior Goberno Local de Inés Rey é que había unha concentración excesiva de poder en moi poucas persoas. Existía un núcleo duro que todo o controlaba, provocando lentitude e moitos problemas na xestión municipal no día a día, até o punto de ter causado a exterioración de diferenzas entre os propios componentes do Goberno Local, concelleiras e concelleiros que se sentían tratados como comparsas e que se queixaban de que os seus temas eran sistematicamente bloqueados.
Pois ben, se examinamos a estrutura de Goberno Local que vén de anunciar Inés Rey todo parece indicar que se reproduce o esquema do anterior mandato".