ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS “UXÍO CARRÉ” | NOTA DE PRENSA

A Plataforma de afectadas polo anuncio de ampliación do CHUAC retoma a súa actividade

Mañá sábado 30 de Maio, ás 12 da mañán na parte final do Castaño de Eirís, coa mellora de datos na loita co COVID-19...

A Plataforma de afectadas polo anuncio de ampliación do CHUAC retoma a súa actividade
primeira xuntanza afectadas CHUAC 01.02.2020
primeira xuntanza afectadas CHUAC 01.02.2020

Convidamos ós medios ó despregue de pancartas amenizado con concerto dende as “casas da música”

Hai 4 meses que a Xunta anunciou a ampliación do CHUAC, chamándolle “NOVO HOSPITAL”. Dende entón pasaron moitas cousas, na sociedade e na sanidade.

E hai uns días Xunta e Concello retomaron as negociacións para seguir co proxecto. O mesmo proxecto que, tras todo o acontecido e o avanzado nestes últimos 2 meses, queda xa obsoleto.

Por iso, e con ánimo de facer reflexionar ó Concello e á Xunta sobre as novas necesidades sanitarias e hospitalarias reiniciamos as reivindicacións.

Mañá sábado colgaremos as nosas pancartas (estaba previsto facelo xusto cando se declarou o Estado de Alarma) e acompañarannos as rapazas e rapaces das “casas da música”. Nestas semanas tan difíciles tocaron en directo dende os seus balcóns para agradecer o seu traballo ó persoal do CHUAC que cuidou de nos e dos nosos seres queridos, pero tamén para amenizar a estancia ás persoas que estaban ingresadas. Hoxe será en sinal de respecto polas vítimas, e unha homenaxe.

A Plataforma de afectadas polo anuncio de ampliación do CHUAC retoma a súa actividade