Castrillón

Sande celebra que o Concello dea resposta ás demandas da veciñanza do Castrillón

O candidato de Podemos e Esquerda Unida ao Concello da Coruña, José Manuel Sande, celebrou este venres o anuncio de instalación dun ascensor e unha plataforma elevada no Castrillón, un barrio onde se atopa o centro de saúde local.
Sande celebra que o Concello dea resposta ás demandas da veciñanza do Castrillón
Sande
Sande

Segundo explicou Sande, esta actuación complementa as intervencións de Rexeneración Urbana realizadas no pasado mandato, e permitirá mellorar a mobilidade das persoas maiores e veciñas con diversidade funcional ou capacidades motoras sensibles.

O candidato tamén animou ao Goberno municipal a seguir apostando pola creación dunha cidade peonil, con intervencións pensadas tamén nos colectivos máis vulnerables.

A nova foi dada a coñecer pola Asociación de Veciños, que xogou un papel fundamental na intermediación entre a veciñanza e as forzas políticas.

Sande espera que a instalación do elevador e da plataforma se faga realidade no menor prazo posible, tal e como foi reivindicado pola veciñanza do barrio no encontro mantido coa formación política o pasado 4 de febreiro no local da AAVV.

Sande celebra que o Concello dea resposta ás demandas da veciñanza do Castrillón