EU-Podemos A Coruña | nota de prensa
Sande reclama á Autoridade Portuaria e o Concello contundencia na defensa do sector pesqueiro
O candidato de Podemos e Esquerda Unida reclama un compromiso claro ás administracións
- As principais organizacións ecoloxistas veñen de solicitar que estes parques non poñan en risco a biodiversidade
- A zona proxectada máis grande de España abranguirá más de 1.800 quilómetros cadrados fronte as costas coruñesas
A Coruña, 1 de marzo de 2023. José Manuel Sande, candidato de Podemos e Esquerda Unida ao Concello da Coruña reclamou este mediodía un compromiso claro das administración na defensa do sector pesqueiro diante das informacións que sitúan unha importante afectación dos proxectos de eólica mariña.
O candidato sinala que, ante o anuncio da aprobación dos Plans de Ordenación de Espazos Marítimos (POEM) e dada a súa implicación para un sector clave na economía da Coruña, hai que insistir no compromiso das administración implicadas na defensa do sector, como poden ser a Autoridade Portuaria e o propio Concello.
Sande lembrou que a súa posición favorable da enerxía eólica como ferramenta para afrontar a crise climática, pero esta non pode facer perigar un sector tan importante, que xera centos de empregos directos e indirectos e provee unha alimentación sostible, saudable e de calidade.
A maiores advirte que as principais organización ecoloxistas do país veñen de subliñar a súa posición ao respecto da posible afectación que estes macroparques mariños poden ter na biodiversidade, reclamando unha planificación que teña en conta as actividades humanas e conservación das poboacións de animais que habitan en espazos mariños e terrestres, cun plantexamento de futuro.