Cooperación Expandida
"Simbiose" e “Un día desde el otro lado", dous proxectos de Cooperación Expandida que darán que falar
Simbiose foi ideada polo alumnado da especialidade de migracións do Máster de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Universidade da Coruña. Está inspirado no movemento internacional Hands on Network e preséntase coma una alternativa innovadora na rexión e complementaria ó voluntariado tradicional, co formato de accións curtas, concretas, colectivas e puntuais.
Tan sinxelo e rápido coma acceder á plataforma en internet ou no noso móvil, elexir no calendario unha acción e acudir á cita que recibiremos uns minutiños máis tarde. Simbiose comeza as súas primeiras accións poñendo en valor ás entidades que traballan históricamente coa poboación migrada na cidade da Coruña e as apoia, tentando cubrir esas necesidades pequenas pero inexcusables que quitan tempo para facer as tarefas máis importantes. As persoas que non teñen moito tempo pero que queren aportar o seu grao de area ou coñecer de preto ás entidades das que sentiu falar xa non teñen excusa para non saír da casa!
O outro proxecto, titulase “Un día desde el otro lado". Este proxecto pretende actuar desde o local propoñendo solucións globais, tratando os problemas locais con ollada cosmopolita. Baseándose nos problemas das persoas usuarias dos centros locais de acollida a persoas sen fogar, e das persoas traballadoras dos centros, o proxecto fomenta a escoita activa e a participación, elevando as súas propostas de abaixo arriba, por medio dunha enquisa e de debates entre usuarias e traballadoras, seguidas da entrega das conclusións, sistematizadas, ás institucións de tutela. Para implicar á cidadanía, o proxecto convocará un concurso de fotografia sobre pobreza e mulleres migrantes, e unha festa gastronómica intercultural, lúdica e reivindicativa, para o peche de actividades, á que será convidada toda a sociedade da Coruña.
Darán que falar.