Stop Desahucios | nota de prensa
Stop Desahucios solicita entrevista á Alcaldesa
O 9 de Abril do 2018, aprobábase en Pleno Municipal cos votos a favor de BNG, Marea Atlántica e PSOE, unha moción a instancias de STOP DESAHUCIOS A CORUÑA, que declaraba o Concello “Cidade Libre de Despexos”, o que supoñía o compromiso de emprender accións dirixidas a garantir o dereito á vivenda da veciñanza, facer fronte á emerxencia habitacional e adoptar medidas dirixidas a evitar os desafiuzamentos de vivendas familiares habituais ou de primeira residencia.
Na actualidade e segundo os datos aportados polo TSXG, cada 48 horas tres familias (os despexos sexan hipotecarios ou por impago de aluguer, non afectan únicamente a un individuo, impactan en toda a unidade familiar) teñen que abandonar o seu fogar na nosa cidade debido a execucións hipotecarias e, na maioría dos casos, (66%) á imposibilidade de facer fronte ao pago do alugueiro. A estes datos, habería que engadir a crecente cantidade de despexos invisibles que non chegan aos xulgados, mais sí ao noso colectivo, nos que as familias arrendatarias optan por entregar as chaves ante a imposibilidade de asumir unha renovación do contrato que en moitos casos suporia un incremento da renda entre 75 e 100 euros. Consolídase así o impago do alugueiro como primeira causa de despexos, nunha cidade na que se ten incrementado o prezo en perto dun 30% nos últimos tres anos. Segundo a análise realizada polo Observatorio da Vivenda, respecto das fianzas depositadas no IGVS en Agosto 2019, o prezo medio da renda mensual dos contratos asinados na cidade de A Coruña ascendía a 500 euros, constatando o incremento sen freo que nos últimos anos está rexistrando o prezo do aluguer.
Unha gran parte dos lanzamentos practicados por esta causa, refírese a vivendas cuxo precio mensual oscila entre os 200 e 400 euros, confirmándose, tal e como sinala o Banco de España, que o acceso á vivenda resulta máis dificultosos para os fogares pobres, moitos dos cales adican máis do 40% dos seus ingresos (a maioria proveñen de prestacions que non superan os 426€/mes) ao pago do alugueiro e aos subministros asociados. Afectando en maior medida a familias monomarentais (8 de cada 10 familias cun só adulto ao cargo, están integradas por mulleres), menores, persoas ancianas, parados de longa duración, xovenes con traballos precarios e situacions derivadas de rupturas familiares; situacions que denotan unha vulnerabilidade extrema de pobreza ao tratarse de colectivos que xa se viron obrigados a reducir os gastos de electricidade, auga, gas e manutención, expostos agora á exclusión residencial: O Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia presentado por Cáritas o pasado mes de outubro salienta que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade.
Respecto das execucións hipotecarias, aínda que se tén producido un descenso dos lanzamentos por impago de hipoteca, hai que sinalar que en moitos casos isto foi debido á paralización nos xulgados á espera da sentenza sobre o Vencemento Anticipado e á existencia dunha Moratoria que se aplica aos contratos de préstamo ou creto garantizados con hipoteca inmobiliaria cuxo deudor se atope no limiar da exclusión e se concorren circunstancias de especial vulnerabilidade, considerando como tales ás unidades das que forme parte un menor de idade, unidades familiares monoparentais cun fillo a cargo, unidades familiares nas que convivan unha ou máis persoas unidas ao titular da hipoteca por vínculo de parentesco até o terceiro grao que se atopen en situación de dependencia, diversidade funcional, e/ou enfermidade grave e incapacitante para desenvolver unha actividade laboral e as unidades familiares onde exista unha vítima de violencia de xénero. Unha moratoria que remata en Maio do 2020 e que vai afectar a milleiros de familias nun contexto máis que evidente de insuficiencia de vivenda a prezos asequibles.
Outra das medidas aprobadas na Moción se refería ao compromiso de emprender accións encamiñadas a incrementar o parque de vivendas municipais, entre as que estaría o recoñecemento da vivenda como ben de primeira necesidade e o impulso de accións dirixidas a paliar a desocupación permanente e inxustificada das mesmas . Na actualidade e segundo os datos do Censo de Poboación e Vivendas do INE, realizado no ano 2011, existen na cidade de A Coruña, perto de 20.000 vivendas baleiras das que se descoñece a súa tenencia mentras en Febreiro deste mesmo ano 500 persoas permanecían empadroadas na Cociña Económicaque, ante a imposibilidade de acceder ao mercado de alugueiro normalizado, vénse condenadas a unha convivencia forzada, compartindo con estranos a súa intimidade en infravivendas inseguras e inaxeitadas dun submercado marxinal caracterizado pola usura. Mentras o Presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) afirmaba recientemente nun diario local: ”A Coruña necesita con urgencia 1.200 viviendas de protección oficial para el alquiler”.
Dada a cantidade de poboación con necesidades habitacionais e a falta de recursos públicos para abordar esta situación de emerxencia residencial, desde STOP DESAHUCIOS A CORUÑA consideramos que é urxente movilizar a vivendas baleiras que estén en máns de entidades financeiras e de grandes tenedores, establecendo como anómala a súa desocupación permanente sen causa xustificada e interrogámonos respecto das medidas que, ao efecto, vai adoptar o Goberno Municipal do PSOE cuxa portavoz no pleno do 3 de abril de 2018, amosou o seu voto favorable calificando ás persoas afectadas por desafiuzamentos como “vítimas do sistema”. Lembramos que moitos dos inmobles en desuso son propiedade de entidades financeiras e inmobiliarias e foron obtidos como consecuencias de execucións hipotecarias. Mantélos nese estado supón permitir a súa influencia ao alza no prezo do mercado e convertir á vivenda nun ben especulativo relegando a función social que ten de cumplir o dereito de propiedade segundo establece o artígo 33 da Constitución Española.
¡¡¡ NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASAS !!!