Última semana de traballos de demolición
A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron onte as obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle para comprobar o avance do proxecto que xa entrou na súa terceira fase e que suporá unha gran transformación na mobilidade do barrio, onde os peóns terán prioridade.
A rexedora, que destacou que os traballos avanzan "a un ritmo espectacular" e dentro dos prazos previstos.
A actuación entra na súa terceira fase de desenvolvemento. Ata o día 5 de marzo (xoves próximo) demoleranse os vans 2 e 1, así como os estribos e os muros dos estribos. Nesta fase, manterase o valado da fase 2 mais permitirase o paso peonil e de vehículos pola avenida de Fisterra. A partir do 5 de marzo, unha glorieta servirá para regular o tráfico coa avenida de Fisterra.