Asociación Veciñal AGRA

A.V. Agra: Peticións ao Concello para o ano 2017

A Asociación Veciñal Agra, plantea un amplio proxecto de peticións ao Concello a curto prazo, en donde recolle o pendente do ano 2016 e novas peticións para o 2017

A.V. Agra: Peticións ao Concello para o ano 2017
Muchos de los edificios del Agra no cumplen la normativa
Muchos de los edificios del Agra no cumplen la normativa

Rúas

1.-Renovación da R/ Pascual Veiga e ampliación das beirarrúas.

2.-Renovación das beirarrúas en mal estado e dos bancos vellos da Rolda de Outeiro.

3.-Renovación das papeleiras en mal estado.

4.-Renovación da rede de alcantarillado da R/ Comercio e Agramela.

5.-Renovación da R/ Bellevista e das beirarrúas.

6.-Renovar as beirarrúas da R/ Corcubíón, entre as R/ Agramela e Fonte Álamo.

7.-Renovar as beirarúas da Avda. das Cunchiñas nos seguintes tramos:
      -  R/ Meira a R/ Laracha (marxe esquerda en dirección á Pza. de Comercio.
      -  R/ Laracha á Pza. de Comercio.

8.-Renovar as beirarrúas da R/ Agra do Orzán ata a R/ Entrepenas.

9.-Renovar a R/ Vila de Negreira desde a R/ Bellavista ata a Rolda de Nelle.

10.-O alumado das rúas non é moi bo.Poida que haxa que poñer os puntos de luz máis baixos.

11.-Renovación da R/Liaño Flores e ampliación das beirarrúas.

12.-Na zona porticada da R/Agramela hai problemas de esvaramentos das persoas cando empeza a chover.

Espazos libres e zonas verdes

1.-Todas as demandas do 2016.

2.-Repensar a Praza das Cunchiñas para mellorala.

3.-Darlle unha saída xa á recuperación e ubicación do muíño da Agramela.

4.-Na renovación das rúas ver sempre a posibilidade de colocación de árbores que non resulten problemáticos para os veciños/as.

5.-Instalar bancos nas rúas que sexa posible.

Limpeza

1.-Todas as demandas do 2016.

2.-En xeral, faltan papeleiras en todo o barrio.

3.-Faltan colectores para a recolleita de pilas.

4.-Entendemos que o proxecto MULLERES COLLEITEIRAS debería contar con máis apoio municipal e instalar colectores para a recollida de aceite doméstico en todo o barrio.

Actividades culturais e lúdicas

1.-Seguir coa axuda para o mantemento do local veciñal.

2.-Mellorar a financiación da FOLIAGRA.

3.-Contemplar a colaboración e a axuda económica para o evento FERRADOS DE LETRAS, a celebrar no Ágora o 25 de maio de 2017, dedicado a Carlos Casares.

4.-Contemplar a cesión da Aula 9 do Ágora o venres, 30 de xuño, para o acto de clausura das actividades da Asociación Veciñal.

5.-Contemplar a posibilidade de ter expostos os traballos de pintura, na entrada do recinto do Ágora, ó longo da semana do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Mobilidade

1.-Todas as demandas do 2016.

2.-Repintar os sinais que aparecen no chan na R/ Vila de Negreira.

3.-Repintar os pasos de peóns na Avda. das Cunchiñas.

4.-Repintar os pasos de peóns na R/ Alcalde Lens.

5.-Os vados das rúas Avda. das Cunchiñas e Alcalde Lens están ocupados por coches particulares habitualmente, en horario de carga e descarga.

Servizos sociais

1.-Facilitar e potenciar a instalación de elevadores.

2.-Promover programas de interrelación e convivencia entre os diferentes grupos culturais existentes no barrio.

3.-Negar calquera tipo de colaboración a todo acto de desaloxo de vivenda que se poida producir no barrio.

4.-Abrir unha liña de axudas a todos os colectivos en situación de pobreza e marxinalidade.

5.-Programar unha campaña para ofertar as condicións básicas de vida a todo o colectivo de esmoleiros/as :NON PIDAS, RECLAMA! (tamén a drogodependentes).

6.-Entendemos que debería ser o Concello o que asumise a responsabilidade do banco de alimentos. Garantindo un reparto xusto e con criterios claros e en función da situación familiar de cada usuario/a.

7.- Habería que axilizar a atención a aquelas persoas que se ven obrigadas a solicitar algún tipo de axuda de caráter social.Mesmo reclamar á Xunta a axilización do proceso de xestión da axuda na súa resolución. 

8.- Encetar as xestións para que, a curto prazo, poidamos contar no barrio cun Centro de día para persoas de idade  e unha Gardería públicos.

Urbanismo

1.- Programa de rehabilitación de vivendas.

2.- Ver algún plan que axude a mudar o “feismo do barrio” con intervencións por mazás, na idea de mellorar a calidade de vida dos veciños/as e significar un  atractivo para os visitantes.

3.- Ver a posibilidade de eliminar a Ponte da Rolda de Nelle.

Seguridade cidadá

1.- Axilizar a presenza da policía municipal cando se precisa.

2.- Orientar a intervención da mesma na rúa co ánimo de resolver conflitos e establecer diálogo coas persoas, educando en civismo, colaboración, respecto e solidariedade.

Igualdade

Estamos a prol de que desde o goberno municipal se fagan políticas activas de igualdade real entre mulleres e homes. Parécenos que é necesario incrementar no presuposto municipal a partida económica para atender ás mulleres víctimas de maltrato.

Normalización

Partindo de que é responsabilidade do goberno de calquera institución pública coidar da boa saúde da lingua propia do país e promover e potenciar o seu uso:

1.- Entendemos que é imprescindible manter unha campaña PERMANENTE de posta en valor da lingua e cultura galegas, incentivando e apoiando cantas actividades se organicen para tal fin, sen esquecer a responsabilidade da institución na organización de actividades propias.

2.- Entendemos que resulta urxente e importante recuperar a toponimia do barrio e da cidade.

A.V. Agra: Peticións ao Concello para o ano 2017