O obxectivo do Foro é promover un encontro de carácter formativo así como de participación e debate, co obxectivo de fomentar os principios que deben presidir o comercio local co fin de garantir os dereitos das persoas consumidoras, ademais analizarase o consumo responsable, así como o dos produtos de proximidade coa finalidade de fomentar hábitos sostibles saudables, e a súa incidencia na calidade de vida das persoas consumidoras.
Contamos coa participación de especialistas e divulgadores/as científicos/as de gran traxectoria profesional que achegarán unha visión ampla sobre o tema, promovendo, así mesmo, o intercambio de experiencias e impresións.
- Lugar: O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9, e pode solicitar a inscrición no enderezo [email protected]
- A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.
- Data: 18.11.2022 de 09:00 a 14:00 h
- Máis información: Tel.: 981 18 98 20 ou no teléfono de información cidadá 010