Os libros de texto
Na libraría aceptan cheques da Xunta de Galicia e de calquera Concello, ademais fan un desconto dun 5%.
Pódese pedir orzamento por whatsapp, correo electrónico, teléfono ou redes sociais.
Ademais están aderidos ao Bono Cultura do Concello da Coruña, do programa PRESCO, que permite comprar libros con un 40% de desconto. Cada cliente debe descargar os bonos no seu teléfono móbil e así poden conseguir un desconto de ate 60€.
Ermitas comenta que hai un incremento de compras online e destaca que na súa páxina web librariasuevia.com dáse un incremento de pedidos e destaca que tamén se poden facer pedidos por whatsapp e redes sociais. Os envíos sempre son gratuitos a calquera punto do Estado Español.
Reflexións
Sobre o incremento de lectores e lectoras, Ermitas descata que viu un aumento de persoas que se interesan pola lectura. Di, “o confinamento axudou a potenciar a lectura entre os adultos. O feito de que teñamos que pasar máis tempo na casa axudou a que adiquemos tempo á lectura”.
“Ademais agora no verán, é un momento interesante para que nenos e nenas lean cos maiores”. “Tendo en conta ademais, que hai moitos meses que non van á escola e moi importante que lean na casa, fortalecendo hábitos e desenvolver a imaxinación”.
Fondo de librería
Cun fondo en lingua galega, portuguesa e española, calquera persoa pode ter nas súas mans o libro que precise, en 24 horas, se non estivera disponible na libraría.
Para poñerse en contacto con Livraria Suévia
Horario: (sábado só pola mañá) 10.00h a 13.30h / 17.00h a 20.00h